Vigo
PSA recupera o vindeiro 1 de xuño a terceira quenda de traballo.
Galicia posiciónase como un referente mundial no coche eléctrico
A aposta de xeito constante pola innovación e as medidas de prevención e seguridade adoptadas son clave para seguir reforzando a competitividade da factoría e do conxunto da industria da automoción galega
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou as instalacións de PSA en Vigo, unha planta que a Xunta e a compañía buscan converter na máis competitiva do grupo tras a covid-19.
A aposta constante pola innovación e as medidas de prevención e seguridade adoptadas son clave para seguir reforzando a competitividade tanto desta factoría automobilística como do conxunto da industria da automoción galega. A planta de PSA está retomando a súa actividade, e así, o vindeiro 1 de xuño recuperará a terceira quenda de traballo.
![[Img #62902]](https://xornal21.com/upload/images/05_2020/5809_200527_pte_economia_psavigo_dcs_02.jpg)
Galicia tense posicionado nos últimos anos como un referente mundial no coche eléctrico e no vehículo autónomo, e os modelos K9 e V20 supoñen unha importante carga de traballo para a planta viguesa e para a industria auxiliar. Ademais, PSA participa en iniciativas que contribúen á dinamización do sector da automoción e o desenvolvemento de procesos innovadores en todo o tecido industrial, como son a Business Factory Auto ou o hub de innovación dixital impulsado por Ceaga.
As diferentes medidas e protocolos adoptados por PSA no reinicio da súa actividade coordináronse tanto coa industria auxiliar e de compoñentes, a través do Clúster de Empresas da Automoción de Galicia (Ceaga), como coa Administración autonómica, a través do asesoramento técnico do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga).
Cómpre salientar que Galicia conta cunha das cadeas de valor da industria da automoción máis completa de Europa. En 2019, o sector alcanzou unha facturación de 9.700 millóns de euros, un 12% máis, superando os datos históricos do 2007 cando acadaron os 9.300 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217