PROVINCIA
Maica Larriba: “É o momento de expresar as nosas condolencias”
Hoxe é a primeira xornada de loito oficial polos falecidos por mor da Covid-19 en España
Nota de prensaÁs 12 horas a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu o minuto de silencio por todas vítimas que se produciron no noso país por mor da pandemia da Covid-19. Unha homenaxe que en palabras de Maica Larriba “ prodúcese tras superar esta guerra contra o virus onde o importante era salvagardar a saúde de todo un país. Agora é o momento de render o noso recordo a todas as persoas que perdemos nesta pandemia e sumarnos á dor e as condelencias para os seus familiares con todo o noso respecto”. Xunto á subdelegada do Goberno estiveron presentes representantes locais e provinciais como o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernandez Lores e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Tamén se contou coa asistencia da Comisaria Provincial da Policía Nacional, Estíbaliz Palma e Simón Venzal, coronel xefe da Garda Civil en Pontevedra.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra presidiu o minuto de silencio en recordo aos falecidos polo Covid-19 e unha especial mención aos 272 maiores das residencias galegas que perderon a vida nesta pandemia
Larriba, quixo aproveitar este primeiro día de loito oficial decretado polo goberno de España para sumarse a toda a sociedade galega no duelo pola perda dos máis de 600 concidadáns falecidos, entre eles, 272 residentes de centros de maiores da Comunidade Autónoma.
Por iso quixo facer unha mención especial “aos nosos maiores que sufriron especialmente esta terrible pandemia e é xusto que, tras unha vida chea de sacrificios para consolidar o progreso da nosa sociedade, rendámoslle unha respectuosa homenaxe particular”.
Finalmente, a subdelegada do Goberno quixo agradece a toda a sociedade pontevedresa a súa solidariedade e altruísmo desde o primeiro momento, “actitudes que nos farán saír desta crise unidos e máis fortes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184