Lunes, 30 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 30 de Marzo de 2026 a las 22:30:58 horas

Xornal21.es
Viernes, 29 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Xunta remata a renovación da cuberta do edificio da estación depuradora de Tomiño

As obras consistiron na substitución e reforzo daquelas partes da estrutura que se atopaban máis deterioradas polo paso do tempo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de renovación da cuberta do edificio da estación depuradora de augas residuais de Tomiño.


Estas actuacións, cun investimento de case 48.000 euros, foron executadas pola empresa Demain Obras y Servicios, S.L.


As obras permitiron substituír e reforzar aquelas partes da estrutura que se atopaban máis deterioradas polo paso do tempo, para o que se procedeu ao saneado da metade dos pórticos formados por perfiles de estrutura metálica e ao reforzo daquelas zonas onde se fixo necesario.


Cambiouse a totalidade das correas metálicas por perfiles na metade da cuberta onde tamén foi substituído o panel sándwich. Este tipo de paneis permite unha resistencia maior ante grandes presións, facendo ademais as funcións de illamento térmico e acústico.


Na intervención tamén se procedeu á substitución dos lucernarios existentes por panel sándwich, deixando como iluminación natural interior as ventás existentes na fachada. Tamén se cambiou o canlón metálico existente, por un de aceiro inoxidable.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.