MOS
Once empresas edificarán naves modulares no Polígono da Veigadaña
Imaxe da superficie das 18 parcelas no Polígono da Veigadaña.
Ocuparán 18 parcelas do Parque Empresarial mosense que suman unha superficie de 24.000 metros cadrados. Algunhas naves ocupan varias parcelas
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, Alberto Méndez, informaron sa aprobación en Xunta de Goberno Local as 11 licenzas de obra e actividade para o proxecto singular de naves modulares que a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, impulsa como proxecto conxunto de implantación para PEMES en 18 parcelas do Polígono da Veigadaña.
Desde AEMOS informan e destacan que a inversión suporá máis de 12 millóns de euros por parte destas pequenas empresas, sendo de especial relevancia a súa aposta por Mos nestes momentos de especial incertidume económica.
As empresas que se implantarán nas naves modulares deste proxecto singular realizan as seguintes actividades: operador loxístico de mercadorías, plataforma loxística, pranta de mecanizados de pezas e fabricación de utillaxe, pranta de transformación de pedra a partir de subproductos derivados do corte e extracción, almacén e comercialización ao por maior de accesorios e repostos de vehículos de motor, deseño e fabricación de útiles para máquinas ferramentas; fabricación, montaxe e posta en marcha de solución de marcado, corte e soldadura láser; construcción, reparación e conservación; ensamblaxe de illamentos térmicos e acústicos; comercialización, montaxe, ensamblaxe e distribución de compoñentes da automoción, reciclado e tratamento de packs de baterías de automoción e coches eléctricos; e valoración, almacenamento e transporte de residuos.
Trátanse de 11 expedientes de naves modulares en 18 parcelas (algunhas naves ocupan varias parcelas). As once empresas, na súa maioría de automoción, ocuparán los 24.000 metros que suman las 18 parcelas.
A inversión suporá máis de 12 millóns de euros por parte destas pequenas empresas
As 18 parcelas que conforman o proxecto de naves modulares impulsado pola Asociación de Empresarios de Mos no parque empresarial PEMOS Veigadaña están todas adxudicadas. Son un total de 11 empresas, xa que cinco delas solicitaron dous ou máis parcelas, as que ocuparán os 24.000 metros cadrados reservados a este proxecto que foideclarado e recoñecido pola Xunta de Galicia, en concreto pola consellería de Economía, Emprego e Industria como singular.
Este proxecto singular está composto, como xa se dixo, por firmas, na súa maioría, vinculadas ao sector da industria do automóbil e auxiliares, que crearán ao redor de 40 novos postos de traballo. "O recoñecemento da singularidade deste proxecto mostra que os pequenos unidos conseguen ser tan fortes ou máis que un grande, tanto á hora de acometer investimentos de gran calado como pola xeración de emprego e, á vez, tamén, poder acceder ás mesmas bonificacións que se dunha gran empresa se tratase", sinalaron desde AEMOS cando fora presentada esta iniciativa.
Enténdense por proxectos empresariais singulares aqueles que xustifiquen o carácter estratéxico da súa actividade ou localización na política económica ou as especiais necesidades de chan pola actividade para desenvolver. Co fin de conseguir a óptima satisfacción do interese xeral en materia de solo empresarial. Os proxectos empresariais singulares son declarados pola Presidencia do IGVS, a proposta da Dirección Xeral e tras os informes técnicos oportunos.
Imaxe da superficie das 18 parcelas no Polígono da Veigadaña.A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, Alberto Méndez, informaron sa aprobación en Xunta de Goberno Local as 11 licenzas de obra e actividade para o proxecto singular de naves modulares que a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, impulsa como proxecto conxunto de implantación para PEMES en 18 parcelas do Polígono da Veigadaña.
Desde AEMOS informan e destacan que a inversión suporá máis de 12 millóns de euros por parte destas pequenas empresas, sendo de especial relevancia a súa aposta por Mos nestes momentos de especial incertidume económica.
As empresas que se implantarán nas naves modulares deste proxecto singular realizan as seguintes actividades: operador loxístico de mercadorías, plataforma loxística, pranta de mecanizados de pezas e fabricación de utillaxe, pranta de transformación de pedra a partir de subproductos derivados do corte e extracción, almacén e comercialización ao por maior de accesorios e repostos de vehículos de motor, deseño e fabricación de útiles para máquinas ferramentas; fabricación, montaxe e posta en marcha de solución de marcado, corte e soldadura láser; construcción, reparación e conservación; ensamblaxe de illamentos térmicos e acústicos; comercialización, montaxe, ensamblaxe e distribución de compoñentes da automoción, reciclado e tratamento de packs de baterías de automoción e coches eléctricos; e valoración, almacenamento e transporte de residuos.
Trátanse de 11 expedientes de naves modulares en 18 parcelas (algunhas naves ocupan varias parcelas). As once empresas, na súa maioría de automoción, ocuparán los 24.000 metros que suman las 18 parcelas.
A inversión suporá máis de 12 millóns de euros por parte destas pequenas empresas
As 18 parcelas que conforman o proxecto de naves modulares impulsado pola Asociación de Empresarios de Mos no parque empresarial PEMOS Veigadaña están todas adxudicadas. Son un total de 11 empresas, xa que cinco delas solicitaron dous ou máis parcelas, as que ocuparán os 24.000 metros cadrados reservados a este proxecto que foideclarado e recoñecido pola Xunta de Galicia, en concreto pola consellería de Economía, Emprego e Industria como singular.
Este proxecto singular está composto, como xa se dixo, por firmas, na súa maioría, vinculadas ao sector da industria do automóbil e auxiliares, que crearán ao redor de 40 novos postos de traballo. "O recoñecemento da singularidade deste proxecto mostra que os pequenos unidos conseguen ser tan fortes ou máis que un grande, tanto á hora de acometer investimentos de gran calado como pola xeración de emprego e, á vez, tamén, poder acceder ás mesmas bonificacións que se dunha gran empresa se tratase", sinalaron desde AEMOS cando fora presentada esta iniciativa.
Enténdense por proxectos empresariais singulares aqueles que xustifiquen o carácter estratéxico da súa actividade ou localización na política económica ou as especiais necesidades de chan pola actividade para desenvolver. Co fin de conseguir a óptima satisfacción do interese xeral en materia de solo empresarial. Os proxectos empresariais singulares son declarados pola Presidencia do IGVS, a proposta da Dirección Xeral e tras os informes técnicos oportunos.







































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58