Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 29 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra afronta "a nova normalidade"

Carmela Silva califica á institución que preside de "referencial na posta en marcha de medidas de protección e dun plan moi exhaustivo para a volta á normalidade”

O goberno de Carmela Silva ten xa todo en marcha para a progresiva recuperación cara a nova normalidade na Deputación de Pontevedra. “Somos unha administración referencial”, asegurou Carmela Silva, quen se amosou orgullosa e satisfeita do “inxente traballo” desenvolvido, para garantir que a partir do vindeiro luns comece o proceso progresivo de recuperación, que afecta tanto á organización interna do traballo como á atención ao público. Deste xeito, o 1 de xuño, aínda que se seguirán recomendando os medios telemáticos, se reabrirá a atención presencial ao público, a través dun sistema de cita previa, e comezará de forma progresiva a reincorporación do persoal traballador da institución provincial.

 

O plan, segundo detallou a presidenta, inclúe cuestións relativas á organización do traballo, itinerarios e percorridos a realizar nos diferentes espazos da Deputación, delimitación de fluxos de movemento e uso de espazos e atención ao público. Trátase dun programa progresivo que se irá modificando en función da evolución da realidade e das normas que vaian aprobando as diferentes administracións, sempre atendendo á saúde e seguridade das persoas.

 

En canto ao persoal, que fichará ben con tarxeta (pero sen pegada dactilar para evitar contaxios) ou a través do ordenador, comezará a reincorporarse este próximo luns. Neste eido, o goberno provincial, en colaboración cos sindicatos, determinou diferentes modalidades de traballo ( presencial, en remoto, parcialmente remota ou mixta). Tamén cuestións relativas á flexibilización do horario de traballo, para evitar aglomeracións nas entradas e saídas, establecemento de quendas rotatorias, e fluxos de movemento a través de planos que determinan os percorridos de entrada e saída a realizar. Ademais, estudáronse os espazos públicos e oficinas de todos os edificios para garantir a distancia de dous metros de seguridade que, de non ser posible, contarán con mamparas de separación.

 

 

 

 

O luns recupérase a atención presencial ao público mediante a cita previa e comeza a reincorporación progresiva do persoal da Deputación

 

 

 

 

No interior das dependencias da Deputación de Pontevedra intensificaranse as medidas de hixiene, limpeza e desinfección e todo o persoal contará con medidas de protección individual: mascarillas, luvas e xel hidroalcohólico. “Temos xa todo ese material para un ano”, asegurou a presidenta.

 

No que respecta á atención ao público, tamén recupera desde o luns o xeito presencial, aínda que cun sistema de cita previa a través da sede electrónica da Deputación. Trátase dun sistema, destacou Carmela Silva, “moi sinxelo, parecido ás citas médicas que pedimos por Internet”, que asigna día e hora dentro dos tramos escollidos polas persoas usuarias. Neste eido, recordou que o sistema de cita previa tamén se está a aplicar nos concellos da provincia, “grazas aos recursos da Deputación e ao proxecto de administración electrónica que temos espallado pola provincia”.

 

Independentemente de que continuará a atención telefónica e telemática da veciñanza, as persoas que acudan ás dependencias da Deputación de Pontevedra atoparanse, tal e como detallou a presidenta, con “medidas de seguridade moi exhaustivas”. Terán que acudir con mascarilla, de xeito obrigatorio, e pasarán por alfombras de desinfección do calzado e controis de medición de temperatura. Unha vez nos edificios, as persoas usuarias terán á súa disposición atención personalizada que as dirixirá ao lugar ao que queren encamiñarse garantindo o cumprimento das medidas de seguridade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.