Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 01 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar abre prazo para solicitar as axudas de material escolar

O goberno local de Gondomar destina estas axudas a familias en situación de emerxencia social cuxos fillos e fillas estean no ciclo de educación infantil.

Hoxe luns, 1 de xuño, abrirase o prazo para presentar as solicitudes para optar a estas axudas para adquisición de material escolar de educación infantil do vindeiro curso 2020-21, ás que poderán optar familias que se atopen en situación de emerxencia social.

 

As axudas estarán destinadas aos alumnos e alumnas matriculados nos centros escolares de Gondomar e nos pertencentes ao Colexio Rural Agrupado (CRA).

 

Os interesados deberán solicitar cita previa para a súa tramitación, chamando ao teléfono do Departamento de Benestar Social (986 360 168) onde tamén poderán solicitar toda a información necesaria.

 

O prazo para a presentación das solicitudes finalizará o día 30 de xuño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.