Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 30 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Asfaltado do acceso a San Eleuterio

A interrupción dos traballos produciuse nun primeiro momento polo retraso do permiso de Confederación e, a continuación, polo estado de alarma derivado da crise sanitaria do COVID-19

A zona de San Eleuterio, na parroquia mosense de Tameiga, está estes días de noraboa porque á reanudación dos traballos na obra de mellora do vial de acceso súmaselle agora a boa nova de que foille concedida ao Concello de Mos unha subvención do Plan Concellos para acondicionar o estacionamento da Urbanización.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e Concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de ambos aspectos tan positivos para San Eleuterio.


O Concello recibiu o pasado 4 de marzo, días antes de que se declarase o estado de alarma pola pandemia do COVID-19, o permiso da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para retirar os postes de Fenosa que impedían o remate das obras de mellora do acceso a San Eleuterio. Neste proceso foi vital o apoio da veciñanza da zona, grazas ao que se logrou a satisfactoria resolución da problemática xerada a raíz da demora do permiso da Confederación Hidrográfica.


A demora do remate das obras de mellora do acceso a San Eleuterio, causada polo retraso do permiso de Confederación Hidrográfica para retirar os postes de Fenosa existentes e pola crise do COVID, é por fin auga pasada e agora co permiso e a reanudación das obras porase fin á preocupación dos veciños. Ademais a administración local mosense tiña retida a partida económica destinada a rematar os traballos.

 

 

 

 

Á boa nova da reanudación das obras de mellora do acceso tras a demora, súmaselle a de que acaba de ser concedida unha subvención de 36.000 euros para o acondicionamento do aparcadoiro na Urbanización de San Eleuterio

 

 

 

 


O permiso concedido pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil autorizou a retirar dous postes de media tensión de Fenosa e soterrar a liña eléctrica no acceso a San Eleuterio, de forma que se pode xa acometer o asfaltado do vial e rematar así a obra. A eliminación dos devanditos postes era necesaria tanto para poder levar a cabo os traballos de reposición do firme como por seguridade viaria, xa que se trataba de elementos que obstaculizaban.


A de San Eleuterio trátase dunha zona de gran actividade e movemento nos ámbitos residencial, deportivo e educativo, xa que nela se atopan ubicados a Urbanización de San Eleuterio, o Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro Tameiga e a Escola Infantil A Galiña Azul de Cototorrón.


Os veciños da Urbanización teñen ademais un motivo máis de satisfacción ao terse xa confirmado a concesión de subvención para o acondicionamento da parcela municipal para estacionamento no lugar. A devandita parcela conta cunha superficie aproximada de 346 metros cadrados e actuarase nela acometendo muros de cachotería de granito e cimentación a base de formigón.


O prazo de execución desta obra é dun mes e conta cun orzamento de execución por contrata de 36.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.