GALICIA
A Xunta reactiva a licitación dos 29 contratos do plan de transporte público
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública resolveu desestimar os recursos interpostos por varias empresas e acordou levantar as suspensións que pesaban sobre o procedemento de contratación
A Xunta vén de reactivar a licitación de 29 contratos de transporte público, logo de que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL) desestimase os tres recursos interpostos por varias empresas.
O TACGAL resolveu desestimar os recursos interpostos por empresas de transporte de viaxeiros contra os pregos de contratación da Dirección Xeral de Mobilidade, ao tempo que acordou levantar as suspensións sobre o procedemento de licitación acordadas no seu día.
O Tribunal acolle integramente as argumentacións da Administración autonómica e determina a legalidade e conformidade dos pregos e proxectos que rexeron a licitación destes 29 contratos de transporte, avalando a actuación da Xunta na implantación do Plan de Transporte Público de Galicia.
Estes contratos supoñen un investimento da Xunta de 240 millóns de euros e permitirán garantir o emprego e servizos de transporte de calidade na vindeira década
A resolución do TACGAL permite reactivar a contratación dos 29 contratos que faltan para completar a renovación e modernización dos servizos de autobús interurbano que operarán en Galicia na vindeira década. As empresas interesadas teñen agora de prazo ata o vindeiro 4 de xuño para presentar as súas ofertas.
Os 29 contratos dos que hoxe se reactiva a licitación suman un total de 1.300 liñas de autobús, das cales 741 serán de transporte compartido e 639 inclúen servizos baixo demanda. Os novos contratos, cun investimento autonómico de 240 millóns de euros, achegarán garantías de emprego a preto de 870 condutores e case 400 acompañantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104