ENTREVISTA con Santiago Iglesias Fernández
Iglesias: “pasamos momentos moi duros pero tamén de enorme solidariedade”
Santiago Iglesias Fernández, é arquitecto e Director de Formación da empresa Seganosa, que se dedica ao ensino integral de emerxencias a nivel nacional. Ademáis é o Presidente da Agrupación de voluntarios de Protección Civil no Concello de Mos, onde reside.
![[Img #62971]](https://xornal21.com/upload/images/05_2020/3953_9898_entrega_alimentos.jpg)
As voluntarias e os voluntarios de protección civil do Concello de Mos veñen de un operativo especial que mantiñan dende o 18 de marzo no que se desenvolveron quendas de garda ás 24 horas, xunto co Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos, e coordinados coa Policía Local e co comité de seguimento do COVID-19 do propio Concello de Mos, dirixido pola Alcaldesa Nidia Arévalo.
Durante este operativo especial, xunto cos profesionais do Servizo de Emerxencias de Mos, solucionaron mais de 950 incidencias, distribuídas en desinfeccións de espazos públicos e privados, traslado de enfermos Covid-19, traslado de enfermos a hospitais ou entrega de alimentos nos domicilios das persoas afectadas pola pandemia.
Tamén tenderon as emerxencias diarias do concello, a entrega de equipos de protección individual, alimentos ou sinxelamente facer a compra para persoas sen recursos que quedaron atrapadas nas súas casas.
¿Como xurdiu esta iniciativa?
No momento no que se comezaba a recibir información preocupante doutros lugares afectados, a propia Xunta Directiva da agrupación de voluntarios decide facer xunto co Servizo de Emerxencias unha provisión de material e de equipos de protección individual, previndo o desabastécemento que poucos días despois se fixo unha realidade. A partir de aí e coas noticias chegadas doutras partes, presentamos aos voluntarios a necesidade de organizar un operativo de axuda a administración local no caso de que as cousas fosen a peor. É así foi para todos nos, nunca poderiamos imaxinar vivir unha situación como esta.
![[Img #62973]](https://xornal21.com/upload/images/05_2020/100_2656_dsc_0383.jpg)
¿Cal é a resposta dos voluntarios?
Formidable. Tanto o grupo de persoas que integran a protección civil de Mos, como a resposta por parte do Concelleiro de Protección Civil como polo propio concello foi espectacular. Nos puxemos a traballar en procurar información de protocolos de traballo para, en primeiro lugar, garantir a seguridade das persoas que ían formar parte desta iniciativa solidaria.
Os voluntarios de Mos presentáronse totalmente dispostos a colaborar nun cuadrante de quendas de garda que fose capaz de cubrir as 24 horas do día, solapándose cos profesionais que formar o servizo municipal.
¿Cantas persoas forman este operativo especial?
Pois moitísimas persoas, porque non soamente foron os 18 voluntarios de protección civil, tamén os 3 integrantes do servizo municipal de emerxencias, a Policía Local, a Garda Civil, os traballadores do concello, as limpadoras do SAF, ambulancias, empresas, veciños e veciñas e a corporación local do Concello de Mos, que en todo momento enviábanos alento e motivación .
¿Que aporta o traballo voluntario nunha pandemia coma esta?
Pois moito, aportan a súa experiencia profesional, o seu saber, a maioría dos voluntarios teñen grande experiencia nas emerxencias, como formadores, como traballadores de emerxencias, con certificados de profesionalidade, etc. Cada un aporta o mellor dos seus coñecementos, tratamento de desinfección biolóxica, primeiros auxilios, ou sinxelamente mans e brazos para traballar. Unha das características do noso equipo é o alto nivel de formación en materia de emerxencias dende case que a súa creación, pero tamén teño que dicir que o realmente importante foi a calidade como persoas, porque realmente estiveron desenvolvendo tarefas moi próximas ao risco, iso si, perfectamente equipados, e ningún deles dubidou nin un so momento no máis importante, o compromiso cos veciños e veciñas de Mos.
![[Img #62972]](https://xornal21.com/upload/images/05_2020/6916_3061_desinfeccion.jpg)
¿Cal foron os momentos mais duros?
Houbo moitos. Foi unha experiencia única. Pero non a nosa, senón a que vivimos todos, confinados, cun inimigo invisible, faltos de datos. As rúas valeiras, as persoas metidas nas súas casas, as súas miradas, a comprensión do momento. Pero tamén a solidariedade, das empresas, das persoas, ofrecendo equipos, medios, comida, foi incrible.
¿Algún en especial?
Os aplausos da xente, o cariño, foron momentos moi emocionais. As miradas de tristeza e de dúbidas, ver o medo nos ollos das persoas infectadas. Moi difícil de explicar coas palabras.
Algo que destacaría...
Como persoa moitas experiencias. Aprender, aprendes e volver a aprender. Dar grazas, ao comportamento dos veciños e veciñas. Grazas aos voluntarios e o servizo de emerxencias, e tamén a Policía Local e Garda Civil, as ambulancias, os sanitarios, bombeiros.... Tamén a outros servizos de emerxencias, que entre todos íamos compartindo as experiencias, a información e os protocolos de actuación.
É agora....
Agora pasamos a un operativo de reforzo do servizo municipal de emerxencias, porque isto aínda non acabou. A maioría dos voluntarios incorpóranse novamente as súas actividades de traballo e quedan uns poucos para reforzar o encomiable traballo do servizo municipal de emerxencias. Foi unha honra liderar este grupo de persoas comprometidas, e é unha honra para o noso concello dispor deste tipo de actitudes altruístas. Permítame dicirlle os veciños e veciñas, as asociacións de veciños, etc. que por vos vale a pena traballar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58