Provincia de Pontevedra
Os edificios centrais do Museo conectaranse mediante un soto conxunto
Vía libre á conexión dos edificios centrais do Museo mediante un grande soto. Os resultados do estudo xeotécnico realizado pola empresa Galaicontrol para garantir a viabilidade da obra confirman que é posible tecnicamente: os ensaios de campo garanten que o terreo é favorable para a realización do proxecto tanto pola súa tipoloxía como por non ser colapsable nin expansivo, entre outros aspectos.
As conclusións do informe solicitado pola Deputación indican que nas sondaxes xeotécnicas, os penetrómetros, os ensaios de laboratorio e a inspección do terreo certificouse que se trata dun terreo de recheo: granítico e de formigón nos primeiros metros de profundidade, e de áreas limosas de compacidade media a densa-moi densa entre os 6,60 e os 9,70 metros. No que se refire á profundidade na que se atopou auga nas sondaxes, o nivel freático apareceu a cotas topográficas de entre 8 e 10 metros, polo que se recomenda algún sistema de drenaxe ademais dunha boa impermeabilización dos muros do futuro soto.
O estudo xeolóxico tamén subliña que non é preciso tomar ningunha medida especial na execución das estruturas segundo a Norma de Construción Sismorresistente, e tampouco no relativo a un posible colapso ou derrubamento. Tamén se sinala que se trata de terreos e augas non agresivos ao formigón, e que tanto os materiais como os solos residuais son susceptibles de ser excavados con medios convencionais, é dicir, simplemente con excavadoras potentes.
En canto ás medidas de contención, dada a existencia de edificacións e rúas onde se prevé a excavación, e tendo en conta a magnitude do baleirado a realizar, recoméndase a construción dunha pantalla perimetral con estruturas metálicas que aseguren a súa estabilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184