Este ano a saída será desde a praza de san Fernando, diante da Catedral de Tui, ás 10 da mañá. Colleremos o Camiño Portugués ata a Virxe do Camiño onde, por diversos sendeiros, encararemos a subida ao monte Aloia. Pasaremos polo rego de pedra e enlazaremos co antigo camiño dos romeiros que subían ao monte no día da Virxe das Angustias, finalmente recorreremos parte da muralla ciclópea que nos levará ata a capela de san Xiao, onde xantaremos. Pola tarde iniciaremos o descenso recorrendo outro tramo da muralla ciclópea para baixar ao sendeiro do regato Cotarel, atravesaremos polo xardín botánico e pasaremos pola espectacular faia, unha das árbores máis senlleiras do monte Aloia e posiblemente a maís fermosa de Galicia. Xa no tramo final camiñaremos ao carón do río Tripes antes de chegar ao paseo da Corredoira, lugar escollido este ano para rematar a XVII Andainatudense Solidaria.Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.