Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 07 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A subdelegación de Goberno distribuíu máscaras a colectivos da provincia

Maica Larriba destaca a importancia do uso de máscaras en todas aquelas situacións nas que non podamos manter a distancia recomendada polos expertos sanitarios

Esta semana comezou a repartición de máscaras hixiénicas correspondente a un novo envío realizado polo goberno de España. Desta forma, a subdelegada do Goberno en Pontevedra coordinou esta terceira repartición a diferentes colectivos e entidades da provincia para garantir o uso obrigatorio deste material de seguridade individual cando non se poida respectar a distancia física entre as persoas.


O montante de máscaras ascende, nesta ocasión,  a 60.000 unidades que serán distribuídas desde a Subdelegación do Goberno. En concreto, a  repartición esténdese novamente a entidades sociais como son o Comité Provincial de Cruz Vermella, Cáritas, para as súas sedes de Tui-Vigo e Salnés e para o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade,  CERMI, quen será os encargados de facer chegar o material sanitario aos seus asociados como COGAMI, ONCE, ASPACE, DOWN, e FAGAL, entre outras.
Cada unha destas entidades recibirán unhas 20.000 máscaras para que poida chegar a todos os colectivos que a conforman.


Con esta nova entrega, a subdelegación fixo chegar máis de 100.000 máscaras a estas organizacións e a outros colectivos como bancos de alimentos e asociacións sociais “para garantir, especialmente, que chegase este equipamento sanitario a todos os colectivos e, especialmente, a aqueles relacionados con persoas que poidan ter unha maior limitación de compra pola súa situación máis desfavorecida”, recalcou a propia subdelegada.


Maica  Larriba quixo lembrar que “esta nova entrega de material sanitario por parte do goberno, súmase ás máis de 560.000 que foron repartidas na provincia de Pontevedra desde o 13 de abril para cubrir as necesidades da poboación no retorno á actividades de acordo ás diferentes fases de  desconfinamiento que estamos a levar a cabo”. Tamén quixo lembrar a importancia de seguir o  protocolo sanitario esixido en cada momento, tanto a nivel de distancia social como a  hixienización frecuente de mans, medidas que reducen ao mínimo as posibilidades de contaxio ”.


Finalmente, a subdelegada do Goberno en Pontevedra “anima e agradece á cidadanía o seu comportamento en cada unha das fases  de  desescalada para que entre todos superemos esta pandemia cara a unha nova normalidade, á que temos que chegar máis fortes para seguir traballando pola nosa provincia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.