Mos |Entrevista a Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos
“Síntome orgullosa de ser alcaldesa dun pobo marabilloso, que foi un exemplo na crise do COVID-19”
Con motivo da Festa da Rosa 2020, as primeiras festas virtuais da historia de Mos, a rexedora local mosense fai balance dos últimos meses de crise sanitaria e de como se viviu a situación no Concello
- Era a primeira vez que todos nos enfrontábamos a unha crise sanitaria destas características, para a que ninguén estaba preparado. Como xestionou o confinamento sendo alcaldesa dunha localidade de 15.000 habitantes e ademais nai dunha nena de 4 anos?
A situación que nos atopamos o día 13 de marzo foi unha situación moi difícil de pasar e de asumir. No meu caso, como alcaldesa, coa responsabilidade de que en Mos todo evolucionase do mellor xeito posible, mantendo as rúas desinfectadas, os camiños, as fontes, as marquesinas. Tendo a sensibilidade de pensar nas persoas que puidesen estar soas e necesitasen da nosa axuda. Tratando de que os locais comerciais de primeira necesidade que permaneceron en todo momento abertos ao público se sentisen arroupados pola administración local. E o que máis me preocupou como alcaldesa foron as persoas sen recursos. En definitiva, foi unha etapa que non vou a esquecer nunca, xa que desde a miña casa tiven que coordinar a preto de 200 persoas entre voluntarios e traballadores, e asegurarme de que con ese operativo, con ese equipo humano, chegáramos a todos os rincóns de Mos, a todas as familias que tiñan enfermos de COVID-19 nas súas casas, ás que tiñan menos recursos económicos e o estaban a pasar mal; e, a maiores, atender á miña filla e atender á miña casa. Por iso vivín momentos difíciles nos que se me fixo complicado compatibilizar o operativo do COVID-19 en Mos e o coidado da miña filla.
- Que valoración fai da veciñanza mosense durante a situación de estado de alarma? Cre que a mosense é unha veciñanza exemplar?
Teño que dar as grazas á veciñanza mosense porque foi todo un exemplo. Evidentemente sempre hai excepcións,
pero estas, por sorte, foron evolucionando de xeito descendente e foron a menos. Mos foi un verdadeiro exemplo de solidariedade, de voluntariado, de entrega e de cumprir as normas. Por iso aproveito este momento que é a Festa da Rosa para trasladarlle a todos a miña gratitude, o orgullo que sinto de ser a súa alcaldesa, de ser a alcaldesa deste pobo marabilloso, que demostrou unha vez máis que somos xentes de ben, xentes traballadoras e honradas, que nos entregamos cando é necesario e nolo piden, e que cumprimos as normas.
- E como valora o traballo do funcionariado municipal, para o que tamén é nova esta situación? Estivo á altura das circunstancias?
Síntome tamén moi orgullosa do funcionariado de Mos, do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, da Policía Local, de todo o equipo de Benestar Social, de todas as persoas que teletraballaron, das que estiveron e seguen facendo labores de limpeza. De todo o operativo que traballou 24 horas para chegar a todas partes e transmitirlle seguridade, tranquilidade e confianza á poboación. Este momento sacou o mellor de nós e teño que darlle un aplauso forte ao funcionariado de Mos, un aplauso forte á veciñanza de Mos e un aplauso forte a toda a cadea humana que saiu da súa casa e seguiu traballando para que non nos faltase de nada. Non me quero esquecer do sector sanitario e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Gratitude e orgullo son hoxe as miñas palabras.
- De que medida local (ou medidas) tomada polo seu equipo de goberno durante esta crise sanitaria se sinte máis orgullosa?
De ver como todos os meus compañeiros e compañeiras se entregaron por completo á entrega de alimentos para as familias sen recursos, e ás tarefas de facer a compra e entregarlla a domicilio e ás persoas vulnerables, maiores, que non podían saír da casa e cada un dos concelleiros do equipo de goberno púxose ao seu servizo para que non lles faltase de nada.
- Cómo afectou económicamente a pandemia á localidade mosense?
A pandemia afectou económicamente a este Concello pois como a todos, de forma brutal, estamos neste momento redactando o Estudo do Impacto Económico do COVID-19 en Mos. Xa chamamos ás 2.000 empresas mosenses e faremos públicos os resultados en breve. Quero darlles as grazas a todo o departamento de Promoción Empresarial, Economía e Emprego, e a AEMOS. E quero tamén agradecerlle ao empresariado mosense a doazón de mascarillas: a Granlei, Tecfilter, Rodavigo, Pirelo, Neonarte e a toda a cadea de moitísimas empresas que fixeron aportacións.
- E as arcas municipais víronse moi afectadas?
As arcas municipais estanse vendo moi afectadas, obviamente, pois houbo un gasto moi importante, e non se contaba con esta situación cando se aprobou o orzamento para 2020. O que estamos a facer neste momento é unha previsión do gasto de aquí a finais de ano e unha reformulación do orzamento. Nos próximos días manterei unha reunión a este respecto co departamento de Intervención para ter claro que partidas teñen que ceder gasto para que outras poidan recuperar crédito. Así mesmo esperamos seguir contando coa colaboración doutras administracións.
- Por último, xa para rematar, e tendo en conta que se aproxima a Festa da Rosa, que mensaxe lle gustaría transmitir aos seus veciños agora que se ve luz ao final do túnel?
Nestes momentos quérolles trasladar aos mosenses unha mensaxe de esperanza e de tranquilidade, pero sigo pedindo precaución, que non deixemos de tomar as medidas que se nos indican e de protexernos.
A miña mensaxe é tamén de gratitude ao gran pobo de Mos. E por iso nestas Festas da Rosa, as nosas festas, elaboramos unha programación on line contado co tecido asociativo e cultural mosense, e cos mosenses distinguidos, pensando en que todos e todas as mosenses poidan disfrutar. Quero darlles as grazas a todos os que participan que son nin máis nin menos que unhas 500 persoas que se uniron á causa de que Mos non quedara sen Festas da Rosa. Van ser unhas festas dun xeito diferente, pero como temos unha riqueza tan grande poderemos igualmente presumir, aínda que sexa a través das redes sociais, de máis de 15 días de programación festiva, cheos de actividades para que todos poidamos celebrar xuntos, desde a distancia.
Este ano celebro o 13 de xuño, o Día da Rosa, por undécima vez como alcaldesa de Mos, e é a primeira que será telemáticamente, esperando que sexa a última. Porque todos os días boto de menos os bicos, os abrazos, o calor dos meus veciños e ese día botareinos especialmente de menos. Botarei de menos a Praza do Concello chea dos ramos de rosas dos participantes no concurso, o poder escoitar en directo á Banda de Música Xuvenil de Torroso, o poder vivir a festa rodeada dos meus veciños… Pero estou segura de que o ano que ven será diferente e de que xuntos imos saír, ímonos recuperar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58