O PORRIÑO
Estudan organizar unha mostra do Pan en outubro
Goberno municipal e panadeiros do Porriño valoraron esta semana a posibilidade de realizar no mes de outubro, unha Mostra do Pan que palíe a suspensión da quinta Feira anual, cancelada pola pandemia do Covid-19.
A mostra tería lugar nun único día, probablemente un domingo, nun recinto pechado que podería ser o Pavillón Municipal, o que permitiría establecer controis de acceso e un circuito de percorrido de entrada e de saída para facer cumprir a garantías sanitarias que se establezan para entón..
Membros do goberno municipal xuntáronse cos representantes do sector de panadeiros do Porriño, acompañados por Noelia Conde, xerente da asociación empresarial ACIPOR. Acudiron Luis Miguel Iglesias, de “A Maquía”; José Manuel Fernández, de “O Forno de Mosende”
En vindeiras semanas, ambas partes madurarán esta e outras posibilidades de colaboración. Entre elas, acordouse que a Concelleira de Cultura dea un pulo ao selo “Pan do Porriño” que está actualmente en proceso de certificación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169