Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 09 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Activo no Concello de Mos o sistema Cl@ve para trámites administrativos

Trátase dun mecanismo cómodo, práctico e seguro, que se está a potenciar desde a administración local ante a crise sanitaria do COVID-19

Desde o Concello de Mos infórmase de que ven activarse nesta administración local o sistema Cl@ve para a realización de trámites administrativos municipais de xeito telemático.


Mediante este sistema o cidadán mosense pode contactar co Concello de xeito telemático de forma sinxela e segura, sen moverse da casa, desde o seu teléfono móbil ou calquera outra ferramenta informática (ordenador, Tablet…)


Así os veciños e veciñas de Mos poden xa comunicarse coa administración local a través da páxina web www.mos.es e da sede electrónica do Concello de Mos https://mos.sedelectronica.gal/ e realizar todo tipo de trámites: solicitudes de certificados e volantes de empadroamento, instancias en xeral, queixas e suxestións, achega de documentación aos seus expedientes, etc. Algo moi importante, cómodo, práctico e seguro, máxime nos tempos de crise sanitaria que estamos a vivir.


Para obter o contrasinal necesario para empregar o sistema Cl@ve, os cidadáns deben acceder a través do seguinte enlace  https://clave.gob.es/clave_Home/registro.html


Para rexistrarse deben facelo a través de internet sen certificado electrónico accedendo ao enlace “Solicita la carta invitación” e o sistema levarate a “Registrarse en Cl@ve”. Tan só teñen que cubrir o seu número de DNI e data de caducidade deste.


A carta de invitación chegaralles a través do correo postal ao seu domicilio fiscal no prazo aproximado dunha semana. Nesta carta enviaranlles un Código Seguro de Verificación (CSV) que poderán activar en poucos minutos seguindo as instrucións que nela se lles indican. Así de fácil terán esta identificación electrónica que é válida para realizar trámites telemáticos no Concello de Mos e en moitas outras administracións públicas.


Ante calquera dúbida da veciñanza mosense sobre o funcionamento do sistema Cl@ve, poden chamar ao departamento municipal de Rexistro Xeral ao número 986 33 12 00 onde lla resolverán.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.