VIGO
Vigo oferta 86 vacantes na Policía Local e Bombeiros
O goberno de Vigo vén de asinar o anuncio das prazas convocadas, unha vez derrogada a suspensión dos procedementos administrativos polo Covid-19. O Concello retoma a oferta, con 62 vacantes para Policía Local e 24 máis para os Bombeiros
As oposicións corresponden á oferta municipal de emprego dos anos 2017, 2018 e 2019, un total de 86 prazas das que nove son de promoción interna. Das 62 vacantes para a Policía Local, todas son de acceso libre salvo a de inspector, que é de promoción interna.
No caso das 24 para Bombeiros, as cinco prazas para sarxento de extinción de incendios son de promoción interna. Ademais, as catro vacantes para condutor-bombeiro son de acceso libre así como doce das quince prazas para bombeiro, sendo as outras tres de promoción interna.
As probas para acceder ao departamento municipal de Bombeiros incorporan unha novidade coa que o goberno de Vigo quere facilitar a entrada das mulleres no servizo. A diferencia da avaliación seguida ata agora, este convocatoria establece para as probas físicas tempos e marcas mínimas diferentes para xénero masculino e feminino. Esta medida non é posible aplicala nos exames da Policía Local ao non contemplalo a Lei de policías locais de Galicia.
O anuncio asinado da convocatoria e as bases deben ser publicadas no BOP e no DOG, e posteriormente sairá un novo anuncio de convocatoria no BOE. Cando este último sexa publicado se abrirá o prazo de presentación de solicitudes, que poderá facerse por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Vigo, nas oficinas de Correos e noutros rexistros públicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217