Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 21 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar prepara actividades de verán

O goberno de Gondomar prepara xa a súa programación de verán apostando de forma clara e directa pola cultura e os artistas locais, consciente do difícil momento que este sector afronta tras a alerta sanitaria ao verse limitadas moitas das súas actividades. Dende a concellería de Cultura deseñouse unha programación pensada para todas as idades e que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto

A alarma sanitaria e as novas normas que rexerán a partir do seu levantamento estiveron moi presentes á hora de deseñar unha programación que “non quixemos suspender porque entendemos que os nosos veciños merécena, e teñen que gozar como todos os veráns de actividades de lecer”, afirmou o rexedor Paco Ferreira.

 

A pesar de que os eventos tradicionais que implican grandes concentracións como a celebración de San Bieito, a festa da Rosquilla suspendéronse este ano “o noso programa é igual de ambicioso que en edicións anteriores, buscando achegarnos ao maior número posible de persoas e a todos os recunchos do municipio”.

 

Desta forma durante os meses de xullo e agosto todos os venres, sábados e domingos programaranse actividades que este ano tamén se trasladarán ás parroquias. É o caso do “cinema de verán” que cada semana proxectará unha película en cada unha delas, evitando así aglomeración de persoas nun mesmo punto, atendendo ao decreto que rexerá a nova normalidade unha vez que finalice a alerta sanitaria.

 

Ademais tamén está prevista a celebración de pequenos concertos en espazos abertos de grupos e artistas locais, moitos deles xa de recoñecido prestixio e outros que empezan a despuntar no mundo da música, así como actuacións de teatro e outro tipo de representacións de artes escénicas.

 

“Todos os sectores profesionais son importantes para o noso goberno e por iso este ano queremos estar aí máis que nunca, apoiando á cultura, un ámbito profesional do que dependen moitas familias e que non debemos esquecer”, conclúe Paco Ferreira.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.