REDONDELA
Retiran os primeiros vehículos de Redondela declarados Residuos Sólidos
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Ambiente, que xestiona Roberto Villar e en coordinación coa Policía Local, procedeu nesta semana á retirada dos primeiros vehículos inmobilizados no depósito ou abandonados na vía pública dende fai anos, logo de ser declarados como Residuos Sólidos Urbanos (RSU).
A Concellería de Medio Ambiente subliñou que este trámite “estaba totalmente parado co anterior Goberno” nunha mostra evidente, sinalou o concelleiro de Medio Ambiente “de deixamento de funcións e importándolle ben pouco nin a mala imaxe que ofrecían estes vehículos abandonados nin o grave impacto ambiental que supuñan tales vehículos”. Roberto Villar lembra que algúns deles levaban no depósito dende o ano 2017.
Dentro desa iniciativa, esta semana pasada foron declarados como RSU cinco vehículos e unha motocicleta, procedendo a Policía Local a súa retirada do depósito cun guindastre para o seu traslado a unha instalación autorizada para o seu despezamento.
Na actualidade, atópanse abertos 31 expedientes por vehículos abandonados, segundo os datos que obran en poder da Policía Local, aos que se lle irá dando saída na medida do posible o verse os prazos suspendidos con motivo da declaración do Estado de Alarma.
Proximamente, sinalou o concelleiro, “os expedientes serán expostos no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial do Estado (BOE) para, posteriormente, ser declarados como residuos e proceder á súa retirada”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149