O PORRIÑO
O martes 23 volverá ao Porriño o mercadiño
O concelleiro de Mercados e representantes do sector de vendedores acordaron esta semana que o mercado ambulante do Porriño reanudarase o vindeiro martes 23 de xuño. O mercado ambulante non se celebra dende a declaración do estado de alarma.
Haberá unha nova distribución de espazos. Concelleiro e ambulantes acordaron que os postos de venta só sexan montados nun lateral da rúa. Cada posto ocupará un máximo de 6 metros lineais e haberá unha distancia de 2 metros co seguinte. O primeiro posto será montado á altura do establecemento “Colleo con pinzas” e seguirán por orde colocándose cara ao Concello.
Os postos de venda de productos alimentarios e prantas instalaranse na rotonda de San Sebastián.
Para garantir que o mercado ambulante funcione con normalidade, a rúa Pío XII estará cortada ao tráfico rodado.
No que atinxe á limpeza, cada ambulante comprometese a recoller en sacos e bolsas o lixo que se produza no seu posto. E, ademais, en todos os postos de venda haberá xel hidroalcólico e será obrigatorio o emprego de máscaras de protección.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169