Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 21 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Dous proxectos financiados polo GALP Ría de Pontevedra con boas prácticas en igualdade

Os proxectos Candieira e Frigoríficos Rosa de los Vientos aparecen recollidos na publicación da Red Española de Mujeres en el Sector Pesquero

A Red Española de Mujeres en el Sector Pesquero (REMPS) acaba de presentar a publicación ‘Buenas prácticas emprendedoras promovidas por mujeres del sector y en materia de igualdad’ do 2020, unha guía que recompila distintos proxectos e iniciativas que poñen de manifesto a capacidade emprendedora das mulleres do sector e que destacan nos seus respectivos ámbitos xa sexa polo seu carácter innovador e sostible, ou pola súa capacidade para xerar riqueza e emprego, ou pola dinamización que fan do territorio no que respecta ao sector pesqueiro e na promoción de igualdade de oportunidades. 

 

Frigoríficos Rosa de los Vientos e Candieira, proxectos financiados grazas ás axudas xestionadas polo GALP Ría de Pontevedra, aparecen recollidos nunha publicación que busca recoñecer ás mulleres da actividade pesqueira que iniciaron accións novidosas e o compromiso coa igualdade de diversas entidades e axentes sectoriais.

 

O proxecto de Frigoríficos Rosa de los Vientos, empresa afincada no porto de Marín, foi elixido na categoría de proxectos produtivos de carácter empresarial, promovidos ou altamente participados por mulleres. O traballo da empresa frigorífica destaca pola súa capacidade de creación de emprego, a diversificación das actividades produtivas, o impacto e a eficacia nos resultados e a innovación. O proxecto naceu da necesidade de mellorar e modernizar as instalación e equipamento da empresa, así como de valorizar os produtos e subprodutos da pesca artesanal. Adquiríronse equipos e maquinaria punteira que permitiron aumentar a capacidade de produción e a calidade do envasado. Creouse, ademais, unha nova liña de produción de cefalópodos procedentes da flota artesanal mediante a adhesión ao selo PescadeRías. Esta aposta empresarial pola innovación e a valorización dos subprodutos, como o novidoso fumet de polbo galego elaborado a partires do auga resultante da cocción do polbo, aumentou a capacidade produtiva da empresa e aportou maior calidade ao produto, permitindo unha mellora da viabilidade económica e aumentando a súa competitividade no mercado. 

 

Como iniciativa que non persegue a rendibilidade económica senón un impacto positivo para as mulleres do sector en diferentes ámbitos, seleccionouse o proxecto cooperativo Candieira impulsado polo GALP Ría de Pontevedra e no que tamén participaron os GALP Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte, Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Vigo – A Guarda. 

 

Candieira foi unha rede colaborativa para a promoción da igualdade das mulleres do mar en Galicia mediante o impulso e o apoio ao emprendemento que se levou a cabo entre 2017 e 2018. Baseada en dous liñas de traballo, Candieira apostaba polo emprendemento económico e o desenvolvemento de actividades vinculadas ao mar; e o reforzo das capacidades persoais das mulleres e o seu asociacionismo. A finalidade do proxecto era impulsar a gobernanza, o empoderamento e o liderado das profesionais do sector. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.