Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 17 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O Primeiro Pregón on line da historia de Mos tivo máis de 5.000 visualizacións

É a cifra a momento actual de reproduccións das intervencións do pregoeiro, Ángel Pichel, e da alcaldesa, Nidia Arévalo, retransmitidas en directo ás 12.00 horas do pasado sábado 13 de xuño, Día da Rosa

[Img #63310]O Pregón a cargo de Ángel Pichel, Xefe de Urxencias do Hospital A. Cunqueiro, seguido da intervención da alcaldesa, Nidia Arévalo, que tivo lugar o pasado sábado 13 de xuño, ‘Día da Rosa’, ás 12.00 horas, e foi retransmitido en directo a través da páxina de Facebook do Concello de Mos, logrou, ata o momento actual, un total de 5.327 visualizacións, 8.346 persoas alcanzadas e 1.986 interaccións. Cifras récord de repercusión nas redes sociais municipais.

 

Durante as súas intervencións Pregoeiro e alcaldesa estiveron acompañados no salón de sesións da Casa Consistorial polo Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez Reguero, que asistiu ao acto en representación de todos os traballadores e traballadores que integran a plantilla de persoal municipal.

 

Pichel, pregoeiro deste ano, foi elixido en recoñecemento municipal a todo o sector sanitario durante a crise do COVID-19.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.