MOS
O PSOE de Mos pide a retirada da modificación puntual do PXOM que permitiria o proxecto de Celta
A bancada socialista asegura que "despois de coñecer os informes desfavorables, que son perceptivos e vinculantes para a modificación puntual do PXOM, o que suporía cambiar a catalogación dos terreos forestais protexidos para usos dotacionais e terciarios, solicita a retirada de dita modificación e o abandono deste proxecto".
Os socialistas apoianse "nos informes desfavorables de Fomento, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Deputación de Pontevedra e o informe con salvedades de AENA, para a súa petición. Estes argumentan que un proxecto con deficiencias coma as que salientan estas administracións non pode levarse a cabo" sinalan.
Fomento resalta que o proxecto implica alteracións no servizo e seguridade nas estradas estatais afectadas, o estudo de tráfico non está xustificado e desaconsellan a aplicación de novos accesos no tramo de concentración de accidentes. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil emitiu un informe desfavorable en canto a dispoñibilidade xurídica da auga para o proxecto e cuestións relativas a augas pluviais e a non existencia dunha reserva de auga. AENA tampouco emitiu un informe favorable, xa que este queda condicionado a inclusión no proxecto de aspectos que impliquen as subsanacións indicadas. Ademais do informe desfavorable emitido pola Deputación de Pontevedra, posto que entenden o proxecto coma un documento falto de concreción e con erros, onde non se ten en conta a orográfica dos terreos para a realización da estrada alternativa a provincial e non resolve o problema do incremento de tráfico que xerarán os novos usos previstos.
A voceira socialista, Victoria Alonso, di que un proxecto con estas deficiencias e con estes informes perceptivos e vinculantes desfavorables non ten razón de ser. Engade que o xa exposto pola veciñanza e os comuneiros de Tameiga, a retirada deste proxecto que faixe máis imprescindible con esta nova información. Mostrase partidaria de que o Concello de Mos adopte un postura máis intelixente e faga caso de técnicos que aluden os problemas relativos a accesibilidade, auga, medioambientais e cuestións sociais.
Alonso quere recordarlle a rexedora local que máis da metade dos votos da veciñanza mosense non apoiaron este proxecto, por tanto ir en contra do que quere Mos e ir en contra de Mos. Tamén engade que a situación económica do concello pasa por facer unha boa xestión e traballar para que o concello medre, di que non se conseguirá cumprindo os caprichos dun empresario que mira polo interese propio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58