MOS
Minuto de silencio en COPO polo accidente mortal no Porriño.
No día de hoxe, na factoría do grupo COPO (Mos) trala petición o pasado Luns por parte da coordinadora da automoción da CUT, e tamén pola solicitude pola representación da CUT neste centro de traballo, celebrouse un minuto de silencio na memoria da compañeira falecida o pasado venres 12 de xuño con motivo dun accidente mortal de traballo no centro que o grupo Copo ten no Porriño.
O sindicato CUT denuncia" a precariedade do sector e os altos ritmos de produtividade deixan ao marxe as medidas preventivas nos centros de traballo, traendo consecuencias dramáticas para as persoas traballadoras e para as súas familias".
A parada celebrouse as 12h, avisando por megafonía que se produciría unha parada dun minuto de silencio polo falecemento da traballadora, soando a sirena de entrada para dar comezo a este minuto, e soando tamén ao seu remate. Espontaneamente ao remate deste emotivo minuto de silencio as persoas traballadoras aplaudiron.
"Celebramos que o grupo Copo do centro de Mos, finalmente accedera a facilitar/realizar este minuto de silencio, ao tempo que instamos con este minuto a dirección do grupo Copo ten que preservar a saúde e a prevención fronte a produción" sinalan os sindicalistas.
"A precariedade no sector da automoción con mais do 40% de media das persoas traballadoras con contratos temporais, é un denomínante común en case todos os centros deste sector" engaden.
"Neste centro concretamente estando en ERTE, se están realizando producións incluso superiores as da pre-pandemia, que traen esgotamento tanto físico coma psíquico o traballar a eses altos ritmos e sobre todo cargando cos novos Epis como as mascarillas e as pantallas faciais que dificulta a respiración" segundo denuncian.
"Esa alta actividade unida a carga metabólica que se incrementa co uso dos epis, fai que o nivel de atención diminúa, e se incremente a porcentaxe de sufrir un accidente" engaden.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58