PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra visibiliza o traballo das mulleres no sector primario
A institución pon en valor o papel esencial que elas desempeñan nun sector fundamental para a provincia
A Deputación de Pontevedra volve a apostar pola visibilización do imprescindible traballo que levan a cabo as mulleres no sector primario, a través dunha nova campaña na que tamén reafirma o seu compromiso co comercio local e os produtos de proximidade cos cancelos #ElixeProdutoLocal e #ElixeIgualdade. O ente provincial ten en conta a igualdade en cada unha das decisións do goberno, sendo un eixo transversal das súas accións. Este compromiso materialízase agora nunha campaña que quere poñerlle rostro e dar voz a todas esas grandes mulleres que traballan no campo, no mar e na horta con produtos que son despois protagonistas das cociñas de miles de fogares e que, pouco a pouco, volven a selo tamén das mesas dos restaurantes con estrela da provincia de Pontevedra.
Así, enmarcada na campaña “Pontevedra Provincia na Túa Cesta”, lanzada en maio, e logo de realizar unha forte aposta polos pequenos e medianos establecementos co lema “Elixe Comercio Local”, chega agora o momento de sacar á palestra a mulleres como Mónica Silva, Teresa Míguez, Pilar Nogueira ou Marta Bugallo que, entre varios milleiros máis, extraen e coidan con mimo os produtos que enchen as nosas cestas e enriquecen a nosa cociña.
Para a Deputación de Pontevedra é necesario poñer en valor a enorme contribución destas mulleres xa que tamén xogan un papel esencial na cadea que fai posible unha das principais sinais de identidade a nivel turístico da nosa provincia: a gastronomía. Fano ademais de maneira artesanal, velando polo futuro dos recursos naturais de Rías Baixas e asegurando unha explotación sostible a máis longo prazo, tal e como promove a institución provincial no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas.
Estes sectores fundamentais foron duramente afectados pola Covid-19 polo que agora, máis que nunca, é preciso consumir produto local para axudar a mitigar os posibles efectos da crise socio-sanitaria na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Incentivando o consumo de produtos de proximidade e dando visibilidade ás súas artífices, a Deputación de Pontevedra está axudando ao turismo, ao comercio e a hostalaría da provincia, todos eles sectores fortemente feminizados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184