MOS
Mos decide retrasar a apertura dos parques infantís
Estase traballando na súa limpeza, desbroce e desinfección e non se reabrirán, por criterio e asesoramento técnico, ata que se poidan garantir neles todos os protocolos sanitarios
Esta mañá celebrouse a última Comisión de Seguemento da Evolución do COVID-19 en Mos, e realizouse de xeito presencial (as anteriores, agás a primeira, realizáronse telemáticamente por videoconferencia). Tratouse da 16ª comisión desde o pasado 16 de marzo, -data na que se clebraba a 1ª-, e será a última que se celebre semanalmente de xeito ordinario. As futuras convocaranse esporádicamente e con carácter extraordinario para tratar temas concretos.
Nesta derradeira comisión fíxose como sempre un repaso por departamentos das accións emprendidas durante a última semana e abordáronse diversos temas tales como a nova normalidade, as verbenas, a reincorporación presencial total do persoal municipal aos seus postos de traballo excepto nos casos de persoas de risco ou con necesidades de conciliación da vida familiar e laboral, e a reapertura dos parques infantís que neste momento atópanse en proceso de limpeza, desbroce e desinfección.
![[Img #63335]](https://xornal21.com/upload/images/06_2020/6122_dsc_0338.jpg)
Sobre este último tema acordouse, por criterio e asesoramento técnico, retrasar a súa apertura ata que estean perfectamente preparados e se poidan garantir neles todos os protocolos sanitarios. Ademais tendo en conta que a apertura podería realizarse únicamente mantendo o aforo máximo de 1 neno/a por cada 4 metros cadrados, trataríase dunha apertura discriminatoria. Eso sí, no intre no que se abran haberá unha especial vixianza policial nos parques infantís para garantir que se cumpran estrictamente todas as medidas establecidas.
Desde a Comisión de Seguemento do COVID-19 considérase máis que razoable a decisión de demorar a reapertura dos parques infantís ao tratarse o de Mos dun concello eminentemente rural, con infinidade de zonas verdes e de lecer ao aire libre, paseos, montes… nos que os/as cativos/as poden xogar, polo que non existe a imperiosa necesidade de reabrir estas áreas infantís que, ademais, foron as primeiras que o Goberno Central decretou pechar pola súa perigosidade ao ser os elementos de xogo un foco de contaxio. Trátase dunha decisión moi madurada e sopesada por técnicos municipais e equipo de goberno local.
Por último a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, aproveitou para agradecer con motivo desta última comisión o labor dos integrantes da mesma durante todo este proceso de crise sanitaria: todos/as os/as concelleiros/as membros do equipo de goberno local, o Xefe da Policía Local, Gerardo Álvarez, os Responsables dos Servizos de Emerxencia e Protección Civil, Rodrigo Iglesias e Santiago Iglesias, respectivamete, a Xefa do departamento de Servizos Sociais, Loli Lago, a Técnico de Persoal, Recursos Humanos e Prevención de Riscos Laborais, Tatiana Iglesias, e o Secretario Municipal, Víctor Rodríguez. “Quero agradecerlle especialmente a estes traballadores/as municipais o seu acertado asesoramento técnico, a súa total dispoñibilidade, e que estiveran á fronte da gran cadea humana que constituíu operativo municipal contra o COVID-19. Sen eles nada de todo o que fixo este Concello neste senso durante os 3 últimos meses houbera sido posible e sen eles non sairíamos como o fixemos”, declarou a rexedora local mosense.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58