GALICIA
Os bombeiros forestais piden un cambio de modelo de Servizo no futuro
Os bombeiros forestais do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia (SPIF) urxen a unha revisión do actual modelo de Servizo, o cal consideran obsoleto, ancorado no pasado, caracterizado por unha improvisación constante na xestión e con unha precariedade e condicións inasumibles polos seus traballadores
Na recentemente publicada Táboa Básica Reivindicativa (axuntada en PDF) a asociación dos bombeiros forestais de Galicia, APROPIGA, demanda ó futuro Goberno da Xunta unha mesa de negociación que vaia nunha dirección clara: o Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia como un servizo integral no medio rural e natural de Galicia. Este Servizo deberá sustentarse ó seu modo de ver nunha aposta decida por unha prevención de incendios real e efectiva, nun perfeccionamento do modelo de extinción de incendios e nunha participación directa e automatizada nas emerxencias do medio rural e natural da súa competencia.
Asociado a dito modelo, dende APROPIGA subliñan como esixencias irrenunciables cuestións como aumento da estabilidade dos seus traballadores, o incremento do tempo de traballo do persoal de 6 e 9 meses e a prestación de servizos ó longo de todo o ano, a posta en funcionamento dun plan de formación específica que garanta a actualización dos traballadores, a recuperación de dereitos perdidos durante a crise económica vivida, a maior dotación de materiais, ferramentas e bases que permitan unha operatividade e loxística acorde ó seu traballo ou unha cobertura inmediata de prazas que arranxe os graves déficits de persoal do Servizo.
Dende a Asociación Profesional de Bombeiros e Bombeiras Forestais de Galicia (APROPIGA), proponse un cambio do modelo do Servizo a través dunha mesa de negociación que implique á Administración, ás Organizacións Sindicais e ós traballadores e na que se aborden cuestións como as encomendas, a formación ou os equipamentos
Un exemplo do cambio que o servizo necesita é para eles “a ausencia total e absoluta dunha verdadeira prevención de incendios forestais que dote de materiais e procedementos que posibilite aspectos tan básicos como ter as infraestruturas de defensa contra incendios cun mantemento adecuado para poder facer fronte con certas garantías á tempada de alto risco de incendios”.
Para APROPIGA, o Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia “leva dende os seus inicios sendo sostido grazas ó sacrificio duns profesionais mal pagados, con contratos temporais eternos e cunha formación e precariedade incompatible coas responsabilidades que se lles esixen”, e definen este como “un servizo de usar e tirar, ó cal se lle da importancia estratéxica e atención nos períodos de alto risco e ante determinadas situacións de alta actividade incendiaria ou emerxencias puntuais como o Prestige ou a actual pandemia que estamos a vivir, pero que posteriormente é obviado, quedando esquecidas todas aquelas reformas e melloras necesarias”, xustificando así a necesidade dun novo modelo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155