Xornal21.es
Jueves, 25 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
GALICIA
A Mesa denuncia que o Ministerio de Igualdade discrimina o galego
A Mesa pola Normalización Lingüísitica advirte que os premios ás mellores teses doutorais sobre violencia contra as mulleres do ano 2020, dotados con até 3000 euros, só aceptan propostas escritas en castelán
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o Ministerio de Igualdade "nega o mínimo recoñecemento do galego", ao excluír dos Premios da Delegación do Gobierno contra a Violencia de Xénero a teses doctorais sobre violencia contra a muller (ligazón á convocatoria) os traballos que foran presentados en calquera lingua oficial do Estado, diferente do castelán. "De tal xeito que unha tese en lingua galega ficaría automaticamente excluída dun premio dotado con até 3000 euros, sen chegar a ser valorada a súa calidade", denuncia Marcos Maceira, presidente da Mesa.
"Esta situación", recorda Maceira, "engádese a casos anteriores de discriminación por parte doutros ministerios, como os Premios Arquímedes ou a denegación de bolsas de estudos por parte do Ministerio de Educación, por achegar certificados de estudos en galego". O goberno español nega, deste xeito, a liberdade de utilizar o galego nos traballos científicos. A Mesa exíxelle ao goberno do Estado que "depoña a actitude de desprezo ás linguas oficiais diferentes do castelán" e que actúe para garantir a posibilidade de uso. "Unha posibilidade", salienta, "vetada a través das máis de 500 disposicións legais como a convocatoria deste premio".
A Mesa pola Normalización Lingüística ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. Tanto polas súas actividades como polo seu número de asociadas/os é a maior asociación do galego e un referente social imprescindíbel no terreo da normalización lingüística. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. Recorda que todas aquelas persoas que se atopen ou coñezan situacións semellantes á discriminación por parte do Ministerio de Educación denunciada hoxe poden tramitar a súa queixa a través da Liña do galego.
![[Img #63415]](https://xornal21.com/upload/images/06_2020/7660_premios_igualdade.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155