Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra concede axudas aos concellos da provincia

O goberno provincial tamén deu luz verde á nova liña de axudas para favorecer a conciliación e corresponsabilidade cun orzamento de 365.000 euros

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 1.017.000 euros en asistencia aos concellos da provincia. Tal e como informou a presidenta provincial, Carmela Silva, “destinamos 652.000 euros a 11 municipios ao abeiro do Plan Concellos e aprobamos 365.000 euros para a nova liña de axudas extraordinarias para favorecer a conciliación e a corresponsabilidade”.

 

No que respecta ao Plan Concellos, as achegas irán para Gondomar, Mondariz Balneario, Moraña, Vila de Cruces, Vilagarcía, Vilanova, Salceda de Caselas, Cangas, Cuntis, Dozón e Oia. Na liña 1, destínanse 127.000 euros a Oia para a merca de terreos  e case 150.000 euros serán para que Cangas poida renovar o pavimento do pavillón do Gatañal e dotarlle de condicións óptimas para o uso deportivo de alta intensidade. O novo pavimento do pavillón será deportivo arealástico, cumprirá coa normativa europea, terá unha superficie de máis de 1.300 m2, e será executado nun período aproximado de dous meses. En canto á liña 2, a Deputación aproba máis de 100.000 euros para que Gondomar, Mondariz Balneario, Moraña, Vila de Cruces, Vilagarcía e Vilanova, poidan desenvolver distintos eventos culturais, de animación, musicais, así coma distintos obradoiros. Na liña 3 de emprego apróbanse modificacións de achegas para Salceda, Cuntis e Dozón que permitirán contratar a 38 persoas.

 

Pola súa banda, a nova liña de axudas extraordinarias para favorecer a conciliación e a corresponsabilidade, cun orzamento de 365.000 euros, achegará recursos para complementar a financiación dos programas municipais destinados á poboación que necesita maior atención (nenas e nenos, persoas maiores e persoas dependentes), dando alternativas ás familias ante o peche de centros educativos, centros de día, actividades extraescolares e de ocio.

 

Bases O teu primeiro emprego na Deputación
A Xunta de Goberno tamén aprobou as bases do programa O teu primeiro emprego na Deputación que, cun orzamento de máis de 720.000 euros, permitirán a posta en marcha de 36 contratos en prácticas para persoas tituladas universitarias ou de formación profesional sen experiencia laboral previa. A presidenta Carmela Silva fixo fincapé en que para favorecer a inclusión resérvanse un 10% do número total de contratacións para persoas con diversidade funcional. “Somos unha das primeiras administracións galegas que dá un paso destas características a prol da inclusión social no eido laboral”.  Ao igual que na edición anterior, a duración dos contratos será dun máximo de 12 meses (6+6) e a Deputación de Pontevedra asume o 100% do custo laboral. En concreto serán 22 contratos para persoas con titulación universitaria e 14 contratos para persoas con ciclo formativo de grado superior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.