MOS
Mos inicia a programación municipal conmemorativa do Orgullo LGBTI
A primeira conversa realizarase mañá ás 12.00 horas en directo desde o Instagram do Concello entre Alba Alonso, mestra experta en igualdade, e Alem, mozo trans moi vencellado a Mos
Mañá comeza a programación municipal conmemorativa do Día Internacional do Orgullo LGBTI, que se celebra o 28 de xuño, (e que constará de actos virtuais na súa totalidade por mor da COVID-19), coa iniciativa “Conversas pola Diversidade”.
A primeira conversa terá lugar mañá, martes 23 de xuño, ás 12.00 horas a través da conta de Instagram do Concello de Mos, e consistirá nunha entrevista en directo realizada por Alba Alonso Feijóo (mestra, experta en igualdade e autora de literatura infantil trans) e con Alem (mozo trans, moi vinculado ao noso Concello) como protagonista entrevistado.
Nesta entrevista falarase, de xeito cercano, sobre as vivenzas dunha persoa do colectivo LGBTIQ+, neste caso en concreto dunha persoa trans. Alem axudaranos a comprender como se vive sendo trans nunha sociedade onde o máis visible segue sendo considerado como a norma, o correcto.
Falarase tamén de bullying de xénero e transfobia, de estereotipos de xénero, das diferenzas entre orientación sexual e identidade e de moito máis. Pero sobre todo falarase de empatía, de compresión e de autenticidade. Porque se algo desexamos dende o Concello de Mos é que toda a veciñanza, en especial crianzas e mocidade, poidan ser eles mesmos dende o primeiro minuto das súas vidas.
Como día a conductora da entrevista, Alba Alonso, desde o seu proxecto Realkiddys, “non hai nada máis bonito e auténtico que ser ti”. Desde o Concello anímase a que o sexan, a ser un mesmo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58