Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 23 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Os maiores de Mos aficiónanse ás novas tecnoloxías

25 usuarios do programa municipal Exercítate, interrompido polo COVID-19, farán mañá ás 10 horas a primeira clase en directo impartida polos monitores municipais Lorena Lago e Paco Villanueva

Hoxe martes 23 de xuño, dentro do programa municipal “Vive Mos nas Redes”, comezarán a impartirse por parte dos monitores deportivos municipais clases en directo dirixidas a adultos maiores.


As sesións en directo terán lugar todos os martes e xoves ás 10.00 horas da mañá, cunha duración de 45 minutos por clase, a través da canle de YouTube do Concello. A posteriori compartiranse tamén no Facebook no Concello para quen queira realizar a clase noutro momento. Correrán a cargo dos monitores deportivos Lorena Lago Seijo e Paco Villanueva, que impartirán as clases conxuntamente desde unha aula da Axencia de Colocación.


Aínda que poden realizar a clase en directo todos os adultos maiores que desexen facelo, a iniciativa está organizada para ofrecerlle unha alternativa aos usuarios do programa Exercítate do Concello, que deixou de impartirse presencialmente por mor da crise sanitaria do COVID-19. Cos devanditos usuarios de Exercítate contactouse telefónicamente para ofrecerlles esta alternativa e 25 xa confirmaron que participarían na sesión de mañá.


En cada clase haberá unha parte inicial de quecemento e unha parte central de potenciación de aspectos necesarios nesas idades como equilibrio, forza, mobilidade, cardio… Nalgunha sesión realizaranse tamén exercizos específicos de CORE e/ou de tonificación con utensilios fácilmente localizables en calquera fogar tales como: unha pica ou pau de vasoira, unhas botellas de auga a modo de pesas, unha cadeira… etc.
Serán sempre clases dinámicas e adaptadas aos usuarios, tal e como se viña facendo no programa Exercítate.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.