AS NEVES
Asínase a acta de recepción das obras da escola infantil pública das Neves
Investíronse preto de 350.000 euros na rehabilitación integral e o equipamento da antiga vivenda do conserxe
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinou esta semana a acta de recepción das obras de reforma da escola infantil das Neves. Neste acto administrativo que marca o fin das actuacións acompañouno o alcalde da localidade, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.
O investimento total nas actuacións foi de 300.000 euros, dos que a Xunta, a través do Consorcio, desembolsará 225.000 euros (cunha achega do 80% procedente de Fondos Feder da Unión Europea); mentres que a cantidade restante, 75.000 euros, asumiuna o Concello das Neves.
As novas instalacións poñeranse en funcionamento co inicio do novo curso en setembro
Perfecto Rodríguez destacou durante a firma que estas actuacións permitirán que o vindeiro curso 2020-21 as nenas e nenos deste concello poderán desfrutar dunhas instalacións adaptadas ás súas necesidades. Ademais sinalou que se está procedendo nestes días ao equipamento da escola, asumido o seu custe pola consellería de Política Social e que supuxo un investimento de 47.000 euros.
A escola trasladouse do antigo emprazamento, no edificio do centro de saúde, á antiga vivenda do conserxe no entorno do colexio, que se rehabilitou integralmente. Ten unha superficie de 161m2 que se reparte entre diferentes espazos como un vestíbulo con zona para deixar os carriños, unha ampla sala de usos múltiples, aulas, espazos para o aseo, cociña ou almacén.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49