DEPORTES
Silva: “a provincia é unha referencia en todos os deportes ”
A presidenta da Deputación de Pontevedra recibiu nas escalinatas do Pazo á primeira plantilla do Club Balonmán Cisne, que vén de ascender á Liga ASOBAL
Nun acto nas escalinatas do Pazo Provincial, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado de Deportes, Gorka Gómez, recibiu esta semana oficialmente á primeira plantilla do Club Balonmán Cisne e ao seu presidente, Santi Picallo a quen felicitou polo o ascenso do equipo pontevedrés a Liga Asobal na que xogará por primeira vez na súa historia. “A provincia de Pontevedra é unha referencia en todos os deportes a nivel estatal e especialmente no balonmán”.
A presidenta enxalzou que “non hai ningunha outra provincia española que teña catro equipo de balonmán na elite, dous masculinos e dous femininos”, e fixo fincapé na obriga das administracións públicas de apostar polo deporte. “É a grande revolución do S.XXI, apostar polo deporte é apostar por unha sociedade mellor”. Carmela Silva, que lle fixo entrega dunha placa ao presidente do Club, tamén aplaudiu o traballo do Cisne pola canteira. “Falamos dun equipo que cre e que aposta pola xente de aquí, todos os seus xogadores son galegos e maioritariamente da provincia e iso é algo que hai que poñer en valor”. Pola súa banda, Santi Picallo expresou o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra pola axuda prestada dende fai tempo e “por estar cada día máis cerca de nós”. “Este ascenso é un soño”, subliñou o presidente do club.
Antes de rematar o acto, tanto a Deputación coma o Club Balonmán Cisne recibiron con gran emoción a Xosé Covelo que, aínda que está a recuperarse dunha enfermidade, se achegou á recepción. Tanto Carmela Silva como Santi Picallo lle amosaron o seu agradecemento, polo seu traballo de tantos anos desde a Deputación polo deporte, como o seu seguimento do Cisne xa que é socio número 1 do club. Deste xeito, Carmela Silva expresoulle o seu total apoio e fíxolle un recoñecemento a un “home que ama profundamente o deporte e que traballou arreo nesta área”. Picallo tamén tivo unhas palabras para Covelo ao que lle atribuíu parte do éxito do Club, “a maior alegría que nos podes dar é terte aquí con nós”.
O Club Cisne Balonmán estaba na primeira posición na División de Honra Prata cando se suspendeu a competición por mor da Covid-19, a falta de 9 xornada, 10 no caso do equipo pontevedrés. Nos últimos anos, o equipo presidido por Santi Picallo converteuse no principal referente de base do balonmán galego e agora por primeira vez xogará na Liga ASOBAL, na máxima categoría masculina, que compartirán a vindeira temporada co Frigoríficos Morrazo Cangas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163