Domingo, 22 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 24 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Voluntarios de Protección Civil e Mos Axuda terán o seu recoñecemento este venres

O voluntariado socio-sanitario, de Mos Axuda e Protección Civil será homenaxeado nun acto que pechará o programa da Festa da Rosa 2020

O evento de agradecemento e recoñecemento a estes 27 homes e mulleres celebrarase o venres ás 20.30 horas na Praza do Concello

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Política Social, Sara Cebreiro, veñen de anunciar que a Festa da Rosa 2020 clausurarase o vindeiro venres, 26 de xuño, cun acto homenaxe, de recoñecemento e agradecemento, aos colectivos que axudaron desinteresadamente ao Concello de Mos na crise sanitaria do COVID-19.

 

Os protagonistas desta homenaxe serán as 27 persoas pertencentes aos colectivos de Mos Axuda, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos e Voluntariado Socio-Sanitario.

 

O acto celebrarase ao aire libre na Praza do Concello ás 20.30 horas da tarde coa presencia dos membros da Corporación Municipal, Policía Local e Servizo Municipal de Emerxencias. Trátase dun evento con aforo limitado, polo que non está aberto á asistencia de público, como medida preventiva de seguridade ante o COVID-19.

 

As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, destacaron “o gran labor dos homenaxeados durante os momentos máis duros da crise sanitaria, entregándose por completo á causa, priorizándoa sobre as súas vidas persoais, sen pedir nin recibir nada a cambio máis que gratitude; e sendo o motor da gran cadea humana que integrou o operativo do COVID-19 en Mos”. “Por iso”, continuaron rexedora local e concelleira, “esta homenaxe é o mínimo que podemos facer para compensar o traballo altruista e desinteresado, a prol dos máis vulnerables do municipio pero tamén da poboación en xeral, destes homes e mulleres que estiveron durante tres meses ao pé do cañón ao carón do Concello, activos día e noite, tendéndolle a man aos demais”. “Estamos en débeda con eles e con este acto queremos demostrarlles o moito que valoramos o seu papel nesta crise sanitaria”, concluíron.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.