PROVINCIA
A oferta para o vindeiro curso consolida a FP Dual na Provincia de Pontevedra
Ademais implántanse un curso de especialización para alumnado xa titulado
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a oferta de Formación Profesional para o curso 2020/2021, na que se consolida a FP Dual. Nesta modalidade ábrese matrícula en 15 proxectos na provincia de Pontevedra. Ademais, a oferta inclúe a implantación dun curso de especialización na provincia, dirixido a alumnado xa titulado, en concreto o de Fabricación intelixente, no IES Politécnico de Vigo.
A oferta de prazas en Pontevedra, na que se poderá formalizar a matrícula a partir de hoxe mesmo, contempla 9.436 prazas en primeiro curso en centros públicos (en números moi similares ao curso anterior), en 385 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 6.950 forman parte do réxime ordinario –2.707 en grao medio, 2.947 en grao superior, 1.116 en FP Básica e 180 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 1.593 son do réxime modular para persoas adultas –716 en grao medio e 877 en grao superior-, e 700 do réxime modular a distancia –150 en grao medio e 550 en grao superior-. No referido á FP Dual ofértase un total de 193 (137 en grao medio e 56 en grao superior).
Como é habitual, a oferta de FP flutúa para adaptarse ás necesidades do tecido produtivo e ás características da poboación de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para as persoas tituladas. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios en diferentes centros, a maiores das novas incorporacións en materia de FP Dual.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184