Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 26 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos inviste preto de medio millón de euros en asfaltados

Grazas a varias subvencións autonómicas e do Plan Concellos acometerá próximamente un total de 6 obras de reposición do firme que mellorarán a seguridade viaria nas parroquias de Guizán, Tameiga, Mos e Cela

O Concello de Mos mellorará próximamente a seguridade viaria en estradas do municipio coa realización de 6 obras de asfaltado nas que se investirá preto de medio millón de euros, 453.324,09 euros para ser exactos.  Estes traballos serán posibles grazas a axudas autonómicas e do Plan Concellos.


A administración local mosense márcase neste senso, desde fai xa varias lexislaturas, o obxectivo de realizar unha batería de asfaltados ao ano, que forman parte do Plan Anual de Mellora de Viais Municipais. E dentro deste Plan, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que próximamente levaranse a cabo: o asfaltado do Camiño de Coviñas en Guizán, da Estrada Louriñó-Sobráns tamén en Guizán e do Camiño do Pazo en Tameiga, do aparcadoiro de San Eleuterio, do Camiño da Quringosta no barrio da Zapateira en Mos e da Estrada Generoso Domínguez ata o cruce de baixada á Picota.


Deste xeito o Concello de Mos continúa avanzando na súa folla de ruta que marca como un dos principais obxectivos da administración local que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. Por e para elo o Concello pon en marcha perdiódicamente o seu Plan Anual de Mellora de Viais Municipais, acometendo unha batería de asfaltados de estradas e camiños.


O primeiro dos asfaltados en acometer será o do Camiño de Coviñas, xa que o inicio dos labores de reposición do mesmo é inminente: comezan o vindeiro luns, 22 de xuño (conta cun orzamento de 27.030,68 euros e está subvencionado polo Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais da Xunta de Galicia). Para os demais atópanse tramitadas subvencións ás respectivas administracións provincial e autonómica.


Para a Estrada Louriñó-Sobráns, cun orzamento de 261.467,64 euros, e o Camiño do Pazo, con orzamento de 57.270,68 euros, tramitouse subvención con cargo ao Plan Concellos; ao igual que no caso do aparcadoiro en San Eleuterio (cun orzamento de 36.000 euros).


Tamén con cargo ao Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais da Xunta tramitouse a solicitude de axuda para asfaltado e mellora da seguridade viaria no Camiño da Quiringosta, que ten un orzamento de 41.555,09 euros. E con cargo ao PIR da Xunta de Galicia solicitouse subvención para o asfaltado da Estrada Generoso Domínguez ata o cruce de baixada á Picota, que ten un orzamento de 30.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.