BAIONA
A rúa Elduayen de Baiona será peonil durante os seráns da fin de semana
A peonalización parcial desta vía principal engádese ás das rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo “para gañar espazo para a veciñanza e garantir a distancia interpersoal nos días de maior afluencia de persoas”
A partir das 20 horas dos sábados e os domingos, a rúa Elduayen, unha das principais vías de Baiona, quedará pechada ao tráfico para evitar que nos días de maior afluencia de persoas á vila “prodúzanse concentracións de persoas e estas poidan dispoñer de mais espazo que lles permita gardar a distancia interpersoal recomendada polas autoridades sanitarias”, explica o alcalde Carlos Gómez.
Con este peche, que será efectivo tanto os sábados coma os domingos entre as 20:00 h e as 01:00 horas, os vehículos que circulen en dirección Oia e A Guarda, deberán utilizar a circunvalación da AG-57 para desembocar na PO-552. Esa mesma vía pode ser utilizada para acceder pola entrada sur ao urbano de Baiona.
Esta peonalización parcial, engádese ás que tamén os sábados e domingos, e no mesmo horario, afecta ás rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo, “co que se consegue un espazo amplo para o paseo e desfrute de Baiona –como corresponde a un dos enclaves turísticos máis importantes de Galicia– e coas garantías de seguridade precisas”, explica Carlos Gómez.
En todo caso, o rexedor local segue apelando “á responsabilidade cidadá” e insiste, como así o ven facendo dende que comezaron as fases da desescalada, en que “estamos ante un momento crucial, no que a nosa actitude persoal, pode marcar a diferencia entre seguir avanzando na nova normalidade ou retroceder, algo que tería consecuencias económicas e sociais imprevisibles”.
Por iso, remata o alcalde baionés, “dende o Goberno local optamos por facilitar espazos amplos e abertos para que a veciñanza e as persoas visitantes, poidan ‘vivir Baiona’ na rúa e con garantías”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217