Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 26 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Arévalo e Cebreiro esixen á voceira socialista Victoria Alonso, que "pida desculpas"

A alcaldesa Nidia Arévalo, declarou tamén que é lamentable que un grupo político cuestione neste momento, tras unha pandemia, o traballo destas profesionais que estan día tras día ao carón dos veciños.

O Concello de Mos fai balance do gran traballo dos Servizos Sociais mosenses dende o Estado de Alarma e destacan o “carácter prioritario” da  xestión levada a cabo ao longo da crise sanitaria do Covid-19 e a gran importancia do servizo municipal para garantir e protexer o interese xeral dos veciños, onde se ofrece unha atención de calidade centrada na persoa.


O impacto desta crise supuxo un incremento de demandas no departamento de servizos sociais sobre un 30% .   
Durante a situación de  alarma sanitaria detectouse un incremento importante nas demandas, as chamadas diarias o departamento oscilaban entre 25 e 30 chamadas diarias, con diversa tipoloxía especialmente de necesidade económica e apoio na atención de maiores que non acoden  a centro.


Ademais dos recursos existentes,  saíron unha serie de axudas específicas pola situación COVID como o SAF temporal extraordinario que se tramitaron 21 altas novas o que supuxo un incremento na axuda no fogar a 127 usuarios, así como no programa de alimentos pasando de 70 a 120 familias, ademais das novas axudas de alugueiros, bono coidado extraordinario para familias con nenos /as de ata 12 anos, ampliación do programa xantar na casa, bono coidado extraordinario á dependencia, bono alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, así coma a solicitude de diferentes subvencións a deputación de Pontevedra e  Xunta  de Galicia para os concellos para atención das persoas en risco de exclusión prexudicadas polo impacto da crise do COVID-19-.

 

A alcaldesa, Nidia Arévalo destacou, o traballo das que ela considera unhas grandes profesionais, que estiveron e están dando o mellor de si mesmas dando resposta as demandas tendo en conta a sobrecarga de traballo pola situación actual. De feito a nova situación xerada coa chegada da pandemia fixo que fose precisa unha cuarta traballadora social, que xa esta incorporada en réxime interino para garantir o funcionamento básico deste servizo que ten carácter asistencial prioritario.

 

As competencias deste departamento están delimitadas normativamente na lei de servizos sociais de Galicia e no Decreto 99/2012 que regula os servizos sociais comunitarios . Para citar algunhas das funcións, son dende trámites de RISGA, Axudas de Inclusión ,sistema de Dependencia, SAF, axudas de emerxencia, valoración de discapacidades, familias numerosas, tarxetas benvida, trámites xurídicos, trámites de pensións non contributivas, intervencións familiares, programa de alimentos, sen esquecer a información, orientación, valoración e mobilización de recursos.


Ademáis ao departamento de Mos, chegan cada día persoas directa ou indirectamente dirixidas por outros servizos públicos e privados para que lles cubran formularios, fagan fotocopias, presenten instancias on-line etc.… como se dunha xestoría pública se tratase, pero así se ben a facer con gran profesionalidade por parte das traballadoras xa que dende a administración consideran que son o servizo máis próximo ao cidadán.
Esta situación foi especialmente relevante durante o Estado de Alarma, onde se puido comprobar que moitas persoas que non teñen un nivel de alfabetización dixital alto tiñan moitas dificultades á hora de presentar ás súas solicitudes ante ás administracións. Dende Mos sempre se prestou e atendeu a todos os cidadáns dando facilidades e de xeito sumamente cercano para axudarlles absolutamente en todo.

 

O Concello de Mos esixe á voceira socialista Victoria Alonso, que "pida desculpas" ao departamento dos Servizos Sociais

Vista a noticia publicadas onte pola prensa local na cal o grupo socialista do concello de Mos, pon de manifesto que nos Servicios Sociais de Mos non se facilita información relativa ao ingreso mínimo vital, a concelleira de política social Sara Cebreiro manifestou que tal información é errónea e que os usuarios dos Servizos Sociais son asesorados e informados en todo aquelo que lles solicitan.


A concelleira de Política Social mostrouse indignada ante as declaración do Partido Socialista que considera que mostra un total descoñecemento do funcionamento do departamento, destacando que no período de un ano que levan na corporación, xamais visitaron  dito departamento, nin se molestaron en facer unha simple chamada telefónica, polo tanto non saben do que falan e añadiu que “é un orgullo contar con funcionarias volcadas como as traballadoras sociais de Mos”


A alcaldesa Nidia Arévalo, declarou tamén que é lamentable que un grupo político cuestione neste momento, tras unha pandemia, o traballo destas profesionais que estan día tras día ao carón dos veciños.


O ingreso mínimo vital, trátase dunha prestación de carácter estatal ao igual que poden ser as prestacións de desemprego, pensións contributivas de xubilación, etc… e que están fora do sistema dos Servizos Sociais municipais, pero que ainda sin ser competencia dos concellos, desde o departamento de servicios Sociais de Mos, estase a dar atención á veciñanza, información, orientación, axuda na cumplimentación… como ben sendo habitual; polo que o Concello de Mos esixe á voceira socialista Victoria Alonso, que "pida desculpas" ao departamento dos Servizos Sociais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.