Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 28 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

A sede da AECC en Mos reabre o seu local de asistencia

O regreso paulatino aos servizos presenciais faise coa máxima seguridade e acorde ao protocolo de prevención en riscos laborais da organización. Así, cumprirase coas accións adoptadas en relación coas medidas organizativas, de distanciamento interpersoal e de hixiene, para garantir unha volta segura tanto aos profesionais da Asociación, ao equipo de voluntariado como ás persoas beneficiarias.


A Asociación segue mantendo os seus servizos a distancia para todas aquelas persoas que prefiran non acudir de maneira presencial, pero necesiten a axuda dos profesionais e voluntarios da AECC. Neste sentido a AECC mantén a rede de apoio para que ningunha persoa con cancro senta soa, desatendida ou desinformada nesta crise sanitaria: servizo gratuíto de Infocáncer (900 100 036) as 24 horas do día, os 7 días da semana, sesións de vídeoconsultas, programa de voluntariado online e presencial, axuda a través de RRSS, ou a aprobación dunha partida extraordinaria de 3 M€ para facer fronte á vulnerabilidade social das familias con cancro.


Máis de 40 intervencións durante o confinamento en Mos
Esta crise sanitaria non impediu que a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) seguise desenvolvendo a súa actividade asistencial, coa utilización de ferramentas telemáticas e dixitais. “Desde a AECC continuamos coidando das persoas máis vulnerables como é a poboación con cancro, ofrecéndolles apoio e acompañamento no ámbito psicolóxico, social e logopédico; traballando en prevención e en educación en saúde; e financiando proxectos de investigación oncolóxica”, explica Magdalena Domínguez, presidenta da Sede Local de Mos.


Ademais, a asociación tamén apoiou emocionalmente ás persoas afectadas pola COVID-19, ás familias que perderon un ser querido, independentemente da causa do falecemento e aos profesionais de servizos esenciais. En total, desde o 16 de marzo ao 29 de maio, os profesionais da aecc Pontevedra e o equipo de voluntariado realizaron 48 intervencións en Mos (poboación con cancro, pacientes de COVID-19, familiares, profesionais sanitarios, etc).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.