Provincia de Pontevedra
Unanimidade no primeiro pleno presencial da Deputación de Pontevedra
En maio a Deputación reduciu aínda máis o período de pago a provedores baixando o seu récord ata os 7,7 días
A Deputación de Pontevedra vén de dar un paso máis no marco da súa aposta polo medio ambiente e a transición ecolóxica como eixo transversal das súas políticas, coa adhesión á Rede de Entidades Locais para desenvolver os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 (REDODS) impulsada pola FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias). O pleno provincial, o primeiro presencial tras a COVID-19 e no que se gardou un minuto de silencio polas vítimas da pandemia, ratificou este venres por unanimidade a incorporación a esta rede, composta polos gobernos locais que se comprometen a localizar e aplicar os 17 ODS de forma transversal nas súas políticas. A súa actividade está dirixida a favorecer a coordinación de actuacións entre os gobernos locais para a aplicación da Axenda 2030 en municipios e provincias e, nese senso, ofreceralles ferramentas para alcanzar estes obxectivos. Amais, aportará pautas, información e propostas de actuacións para facer fronte á crise provocada pola COVID-19, tendo moi presente unha das principais premisas da Axenda 2030: non deixar a ninguén atrás.
A adhesión á REDODS únese á luz verde que tamén deu a corporación provincial á Rede de Cidades que Camiñan e á Rede de Cidades pola Bicicleta, o que supón un novo chanzo do compromiso por unha provincia sostible que ten a Deputación, que xa no 2018 aprobou a elaboración das pautas cara á Axenda 2030. No mesmo eido, deuse conta no pleno da creación da Rede de Concellos Ágora polo espazo público e a aprobación do seu protocolo de actuación.
Período Medio de Pago
No pleno, a corporación coñeceu os datos do período medio de pago no mes de maio cos que a Deputación de Pontevedra volve converterse nunha das administracións máis eficientes do estado. A pesar da situación de crise, a institución conseguiu reducir aínda máis o tempo de pago a provedores, baixando ata os 7,78 días nos que se abonaron 2,2 millóns de euros. De igual forma, as facturas pagadas tiveron unha tramitación de 8,04 días fronte aos 14,75 días de abril, e a demora na tramitación das facturas pendentes reduciuse de 19,30 días a 11. Deste xeito cumpriuse co obxectivo de facilitar co pronto pago a situación económica das empresas.
Axudas a concellos para a conciliación e a corresponsabilidade
O pleno tamén aprobou a necesaria modificación orzamentaria para activar a nova liña de axudas extraordinarias para a conciliación e corresponsabilidade destinadas aos concellos de menos de 50.000 habitantes. Serán 365.000 euros para que os municipios poidan complementar o financiamento dos programas e iniciativas de atención á infancia, ás persoas maiores e ás dependentes para que as familias poidan conciliar, e apoiar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no marco do impacto da covid-19.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184