Vigo
O Concello aproba a parcela para o novo Parque de Bombeiros
Xerencia de Urbanismo aprobará na súa sesión do vindeiro 30 de xuño o cambio de uso dotacional dunha parcela municipal, sita no ámbito de Esturáns (zona Tomás Alonso), para destinala ao novo Parque de Bombeiros da cidade.
O alcalde, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa da decisión adoptada polo goberno local en base ás consideracións técnicas dos propios responsables do servizo de extinción de incendios municipal. Así, o actual parque instalado en Balaídos será trasladado a esta nave de Esturáns unha vez feitas as adaptacións necesarias. “Quero unhas instalacións de bombeiros dignas e con disponabilidade, levan desde o ano 86 en Balaídos e alí seguen provisionalmente”, sinalou.
A parcela pasa de dotacional asistencial a dotacional de servizo público, de forma que poida dedicarse a centros destinados á prestación de servizos públicos de seguridade cidadá. É unha nave que xa existe, está en bo estado pero propón unha reforma interior que permita situar a instalación de bombeiros e a cocheira.
“As instalacións de Balaídos están en moi mal estado e necesitamos un segundo parque de bombeiros, que agora estará nunha situación inmellorable”, apuntou o alcalde. O orzamento previsto para a nova dotación ronda os 900.000 euros e inclúe tamén vestiarios e oficina.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.140