Martes, 31 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 30 de Marzo de 2026 a las 22:30:58 horas

Xornal21.es
Jueves, 02 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Eurocidade Cerveira-Tomiño, seleccionada para a campaña #EUinmyregion

Trátase dun proxecto posto en marcha pola Comisión Europea que busca dar maior visibilidade aos proxectos financiados pola UE en todo o continente

A Eurocidade Cerveira-Tomiño é un dos proxectos gañadores do certame #EUinmyregion, unha campaña de comunicación de creación conxunta posta en marcha pola Comisión Europea que busca aumentar a visibilidade dos proxectos financiados pola Unión Europea en todo o continente. Mediante esta campaña, os 46 proxectos finalmente elixidos daranse a coñecer por toda Europa a través de distintas imaxes que recollen a esencia de todas as iniciativas.

 

 

 

 

Como un dos gañadores, a Eurocidade recibirá tarxetas postais cunha imaxe do proxecto e un gif con diferentes fotografías para difundir o que se está a facer en Cerveira-Tomiño

 

 

 


Entre as cinco fotografías presentadas pola Eurocidade para participar no certame, a organización elixiu unha imaxe da segunda edición da Andaina entre Cerveira e Tomiño, moi representativa da unión e proximidade entre a veciñanza destes dous municipios e na que se avoga por un crecemento sostible do territorio que mellore a calidade de vida da poboación desta zona común entre Galicia e Portugal á beira do río Miño.


Como un dos proxectos gañadores, #EUinmyregion editará e enviara á Eurocidade tarxetas postais con esta imaxe, así como un gif con diferentes fotografías para difundir o que se está a facer en Cerveira-Tomiño. Ademais, con apoio e ferramentas de comunicación, os proxectos seleccionados están invitados a amosar á cidadanía o que se ten alcanzado xunto coa UE na súa comunidade. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.