Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 05 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Os servizos sociais mosenses tramitan as tarxetas-moedeiro da Xunta

A veciñanza de Mos en situación de vulnerabilidade pode acudir ao departamento de Política Social para solicitar esta axuda

O departamento municipal de Política Social do Concello de Mos informa á veciñanza mosense de que o persoal do departamento atópase á súa disposición para a tramitación da solicitude das tarxetas-moedeiro para as persoas e familias en situacións de vulnerabilidade económica pola crise do COVID-19 que se ofrecen a través do programa extraordinario de axudas económicas froito do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia.


Van dirixidas á poboación en situación de vulnerabilidade de cara a cubrir as súas necesidades básicas en materia de alimentación, hixiene e farmacia.


As tarxetas monedeiro cárganse con distintos importes en función do número de persoas integrantes da unidade familiar sendo a contía mensual de 150 euros para unha persoa, 200 para dúas e 300 para 3 ou máis persoas. As tarxetas irán cargándose, con periodicidade mensual, durante os 3 meses seguintes á súa entrega.


Con este programa a administración autonómica pretende ofrecerlles aos servizos sociais comunitarios municipais un recurso máis ao que poder derivar a demanda extraordinaria de servizos e prestacións que están a recibir a consecuencia da crise xerada polo COVID-19.


As persoas beneficiarias deste programa serán aquelas que se atopen en situación de vulnerabilidade, ben porque carecen de ingresos efectivos ou ben porque os ingresos da unidade de convivencia non acadan o importe que lle correspondería en concepto de tramo persoal e familiar de RISGA, dacordo coas contías establecidas para o ingreso mínimo e os complementos familiares e que non son preceptoras de prestacións económicas regulares de periodicidade mensual.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.