MOS
Mos inviste preto de 700.000 euros no saneamento de Pereiras, Louredo, Guizán e Cela
Darán servizo a preto de 500 veciños e veciñas das 4 parroquias mosenses
O Concello de Mos beneficiarase próximamente de varias obras de instalación para completar a rede de saneamento municipal. A Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia executará na parroquia de Pereiras varios colectores que permitan completar o saneamento no núcleo parroquial e, con cargo á liña 1 de subvencións do Plan Concellos, financiarase a rede de saneamento integral nas parroquias de Louredo, Guizán e Cela. Estas obras suman un orzamento total que se aproxima aos 700.000 euros.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde, Camilo Augusto, informaban esta semana destas próximas obras que darán servizo de saneamento a preto de 500 veciños e veciñas de 4 parroquias mosenses e mellorarán a seguridade viaria en 7 viais municipais, que tamén serán asfaltados tras o remate dos traballos de acometida da rede de saneamento.
A obra de saneamento prevista en Pereiras que acometerá Augas de Galicia conta cun orzamento de 430.026,10 euros e consistirá na execución de varios colectores que permitan completar o saneamento ao núcleo de Pereiras. A actuación dividirase en dúas zonas: Rede Norte e Rede Sur.
Por outra banda, coa concesión da subvención do Plan Concellos 2020, a administración local mosense acometerá o proxecto de ampliación da rede de saneamento integral nas parroquias de Louredo, Guizán e Cela que ten un orzamento de 249.688,42 euros.
Na parroquia de Louredo os colectores proxectados na instalación do saneamento acometeranse nas zonas da Estrada Peinador-Os Valos e a Estrada Alto de Barreiro Santiaguiño. En Guizán no Camiño do Crasto e no Camiño da Ponte. E en Cela no Camiño do Monte de Pardellas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58