NIGRÁN
Un investimento de 250.000 euros para rehabilitar o muíño de Porto do Molle
A construción tradicional, catalogada como BIC e unha das máis antigas da comarca, permanece en estado ruinoso desde hai máis de 30 anos
Unha inversión de 250.000 euros permitirá a rehabilitación integral do muíño de Porto do Molle, situado en pleno parque empresarial ao carón do río Muíños e en estado ruinoso desde hai máis de 30 anos pese ao seu gran valor histórico e etnográfico. Así, o obxectivo do proxecto é reparalo respectando ao máximo a súa orixinalidade e poñelo a funcionar mediante a reposición dos mecanismos actualmente desaparecidos e da disposición dunha nova canle hidráulica. En definitiva, o Concello desexa por en valor esta edificación tradicional de excepcional interese cultural.
A construción, de gran valor histórico e catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC), é unha das máis grandes da comarca cunha planta rectangular de 25 x 6,5 m e chegou a ter tres moas en funcionamento, pero debido ao paso do tempo ten importantes perdas nos muros e carece de cuberta e maquinaria e mesmo de canle hidráulica. Trátase dunha edificación do S.XVIII que consta do propio muíño, almacén e vivenda anexa nun único volumen no que o sótano está aberto ao exterior mediante tres arcos de medio punto polos que ía a auga tras moverse o mecanismo de rotación; as obras e movementos de terra no parque empresarial implicaron soterrar a súa canalización de abastecemento e evacuación ao río Muíños, polo que actualmente non poderían funcionar os aparellos, sen embargo, o proxecto contempla activar unha das tres moas orixinais creando un circuíto pechado que empregue un estanque anexo á construción.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149