Provincia de Pontevedra
Smartpeme pon en marcha os sete obradoiros online
Ata o 10 de xullo o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre infografías, intelixencia artificial e formas de promocionar o negocio
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.
A semana empezará con dous obradoiros hoxe luns 6 de xullo, a partir das 12:00 horas será “Promociona o teu negocio con Google My Business”, a cargo do licenciado en Comunicación Audiovisual Adrián Fernández, e dende as 17:00 horas desenvolverase “Infografías: representa a información de maneira visual”, impartido por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.
“Introdución a Google Adwords”, impartido por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, chega o martes 7 ás 17:00 horas. A partir das 12:00 horas do mércores será a quenda de “Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña”, a cargo de Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas. O xoves 9 de xullo haberá dous obradoiros, ás 11:00 horas será a experta en turismo Mariana Rosa a encargada de impartir “Como mellorar o posicionamento local da túa empresa turística” e ás 18:30 horas celebrarase “O pacto de socios. Elementos esenciais que toda persoa emprendedora ten que coñecer”, a cargo do avogado José Manuel Sendín Rodríguez. E, por último, o venres ás 12:00 horas terá lugar “Intelixencia Artificial: que é e como funciona?”, impartido por Manuel Freire, experto universitario en Robótica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44