GALICIA
Galicia inviste máis dun millón de euros na posta en marcha de 3 programas de emprego
O Goberno galego leva a cabo esta iniciativa en coordinación cos concellos, mancomunidades de municipios ou entidades públicas dependentes ou vinculadas aos mesmos
O programa de emprego para persoas mozas beneficiará a 48 mozos e mozas da área territorial de Vigo a través dun investimento que supera o millón de euros. Esta cifra elévase ata preto dos 7 millóns no caso do conxunto de Galicia beneficiando a 300 menores de 30 anos.
Á hora de seleccionar os 19 programas definitivos tivéronse en conta criterios como que o municipio beneficiario fose resultado dunha agrupación, fusión ou se tratase dun Concello Emprendedor. Tamén se valorou que os proxectos estivesen relacionados coas TIC e coa economía dixital e que gardasen relación co tecido empresarial do territorio, así como as posibilidades de inserción laboral.
Así, no caso dos concellos correspondentes á área territorial de Vigo os concellos de Redondela, Mos e a Mancomunidade Intermunicipal de Vigo recibirán máis dun millón de euros para os programas Redondela TIC, Mocidade no Camiño e MAIV Garantía Xuvenil respectivamente, con 16 beneficiarios cada un.
Dase prioridade aos proxectos promovidos por concellos agrupados ou resultantes de fusión, aos concellos emprendedores e aos proxectos relacionados coas TIC e a economía dixital
Está previsto que ao longo do mes de xullo se activen estes programas para o que será necesario levar a cabo unha selección dos 297 participantes a través das oficinas de emprego, na que se terá en conta, ademais da idade, a experiencia laboral previa, a permanencia no desemprego ou o nivel de cualificación. Darase prioridade a aquelas persoas mozas que non recibiran previamente atención por parte do Sistema nacional de garantía xuvenil.
O alumnado obterá formación e, ademais, disporá dun contrato de traballo. Deste xeito, os programas melloran a empregabilidade das persoas que toman parte nelas a través da formación, á vez que se realizan actuacións de mellora das dotacions públicas e a prestación de servizos de interese xeral e social no eido local. Percibirá un salario durante a súa participación na actividade ao longo de 12 meses -este ano unha das novidades foi a ampliación do programa dos 6 aos 12 meses-. A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiará o 100% do salario mínimo interprofesional e a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
A Xunta seguirá apostando pola formación e pola cualificación dos galegos e galegas como unha das claves da recuperación económica poscovid-19. De feito, a nova Axenda de emprego -que prevé mobilizar máis de 225M€- contempla a formación como unha das súas prioridades.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.140