GALICIA
Ángeles Vázquez salienta que Galicia ten os deberes feitos en materia de economía circular
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que Galicia tense convertido nun referente europeo ao ser a única comunidade que dispón dunha Estratexia de cambio climático e outra de economía circular e dunha futura nova Lei de residuos
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá que a Comunidade galega ten os deberes feitos en materia de economía circular, un modelo económico que se consideraba a mellor alternativa e que hoxe é xa a resposta necesaria e ineludible ao futuro máis inmediato, salientou a conselleira.
Ángeles Vázquez participou esta mañá nunha xornada webinar sobre a economía circular, organizada por Asime, onde recordou que Galicia leva meses traballando neste reto, para o que se dotou da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, dunha futura Lei de Residuos, centrada na redución do consumo de plásticos e do desperdicio alimentario e da Estratexia Galega de Economía Circular 2020-2030.
Son tres instrumentos que pechan o círculo ambiental de Galicia e que a teñen convertido nun referente europeo e na única comunidade que aspira a contar con estas tres ferramentas, coas que dar resposta a tres obxectivos que preocupan á sociedade global, como son a loita contra o cambio climático, garantir a correcta xestión dos residuos e acadar un mellor aproveitamento dos recursos.
Destaca que estas tres ferramentas dan resposta aos tres obxectivos: loitar contra o cambio climático, garantir a correcta xestión dos residuos e acadar un mellor aproveitamento dos recursos
A conselleira de Medio Ambiente mostrouse convencida de que grazas a esta folla de ruta a sociedade galega avanza cara unha Galicia máis verde e máis preparada para encarar o futuro.
Vázquez Mejuto salientou que a premisa de producir, usar e tirar (base do caduco modelo lineal) é incomprensible cada vez máis para un maior número de persoas, polo que a Estratexia de Economía Circular está articulada en base a oito eixes de actuación con 60 medidas, coas que implantar o modelo produtivo circular, baseado no criterio multierre: repensar, redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reutilizar, reciclar e recuperar.
Manifestou que -ademais de ser un modelo económico máis sustentable, responsable e planificado- achega novas oportunidades de negocio e aposta por empresas máis eficientes e competitivas.
Por último, indicou que en Galicia xa se están a dar pasos importantes para implantar a economía circular, como a posta en marcha unha nova liña de axudas aos concellos para poñer a disposición dos cidadáns espazos de autorreparación e intercambio de obxectos; o lanzamento da Rede Galega de Preparación para a Reutilización e Reparación (PxR), un espazo transversal de intercambio de coñecementos e experiencias; ou a aposta pola contratación pública máis verde, incorporando criterios ecolóxicos nos contratos da Xunta co obxectivo de converternos nunha administración 100% sostible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215