Martes, 02 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 10 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Primeiras denuncias no Porriño por non empregar a máscara obrigatoria

Os denunciados pola Policía Local denfróntanse a multas económicas de 100 €

A Policía Local do Porriño impuxo onte á noite na Avenida de Buenos Aires, as primeiras denuncias a varias persoas, todas elas mozas, que non facían uso das máscaras de protección nunha reunión. Cada denuncia dará lugar a multas económicas de 100 € por persoa infractora.

 

A Policía Local do Porriño, seguindo as instrucións da Concellería de Seguridade, considera que rematou o período pedagóxico. Ata onte, os axentes lembraban aos cidadáns que debían facer uso das máscaras de protección, tanto as cirúrxicas coma as téxtiles, “de xeito obrigatorio cando non sexa posible garantir o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal”, segundo estableceu a Xunta no decreto publicado no DOG do pasado 27 de xuño.

 

Tanto a Concellería de Seguridade coma a Policía Local recomendan o uso permanente das máscaras de protección aos peóns nas rúas para previr situacións de risco.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.