VIGO
Unha analítica en 24 praias garante a calidade das augas nos areais da cidade
O alcalde deu conta do bo resultado da mostra realizada o pasado 1 de xullo nos 24 areais máis grandes da cidade. Avanzo que o Concello seguirá a facer control sobre as condicións das augas das praias ao longo de todo o verán
A calidade das augas das praias de Vigo é óptima segundo se desprende das analíticas que o Concello realizou en 24 areais o pasado 1 de xullo. Abel Caballero avanzou que o Goberno local segue facendo un seguimento exhaustivo das condicións das augas, un control obxectivo irrenunciable que adquire maior importancia nestes tempos de pandemia.
Así mesmo, o rexedor amosou a súa satisfacción co comportamento da cidadanía nos areais a pasada fin de semana. Tal e como explicou, cumpríronse os aforos máximos mantendo a distancia de seguridade e respectáronse escrupulosamente os espazos limitados polas cintas separadoras instaladas en Samil e O Vao.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191