PROVINCIA
Adxudicado o programa “TIC Emprendes”
A institución provincial vén de adxudicar o servizo de formación “dun proxecto fundamental para que a xente poida quedarse no territorio”
O Goberno da Deputación de Pontevedra vén adxudicar o servizo de formación para o programa “TIC Emprendes”. Un proxecto formativo que, cun orzamento de máis de 700.000 euros cofinanciado ao 91,89% polo Fondo Social Europeo, “é fundamental para que a xente poida quedarse no territorio”, subliñou a presidenta Carmela Silva.
“Un programa moi necesario na nosa provincia porque temos moitos lugares onde perdemos poboación de forma reiterada, onde a xente nova marcha porque non hai expectativas económicas, entre outras moitas cousas”, continuou a presidenta provincial. “TIC Emprendes” está destinado a 390 persoas mozas, de entre 16 e 30 anos, daqueles concellos da provincia que máis sofren o déficit demográfico. Neste eido, o obxectivo é fomentar o emprendemento entre a xente máis nova, promover a formación cara ao emprego e loitar contra o despoboamento propoñendo alternativas que fixen á poboación moza nas zonas con maiores problemas demográficos.
Ademais, o programa ten como metas que o 15% das persoas mozas participantes comecen unha iniciativa emprendedora, que o 30% obteña un emprego e que o 80% permaneza no seu lugar de residencia. Ao abeiro deste proxecto desenvolveranse 26 accións formativas impartidas en torno a 11 itinerarios, que está previsto que comecen no mes de setembro. O prazo de presentación de solicitudes xa está aberto e rematará quince días hábiles antes do comezo de cada acción formativa.
Son 31 concellos da provincia os que compren os baremos demográficos necesarios para entrar no programa, que son ter unha poboación inferior ou igual a 5.0o0 habitantes, ou entre 5.001 e 10.000 habitantes sempre que presenten un saldo demográfico negativo na última década.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44